jueves, 21 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 46



Bo día piratiñas¡¡¡¡ Como estades? esperamos que vaia todo ben. 

No blog de hoxe, ensináremosvos a facer dous pratiños de comida moi sinxelos pero que están deliciosos 😋


De primeiro, faremos un pastel de atún frío con pan de molde.


Ingredientes: 


  • de 8 a 12 rebanadas de pan de molde sen codia, segundo sexa o tamaño do molde
  • 150 gr de atún en conserva
  • 1 bote pequeno de aceitunas con anchoa 
  • 1 lata de millo doce 
  • 4 ovos
  • maionesa
  • 1 latiña de pementos de piquillo
  • 2 corazóns de leituga
Necesitades un molde. Neste caso, empregaremos un rectangular e cubrímolo con film transparente, pero podedes utilizar calquera que teñades nas vosas casas.

                                 

1. Cocemos os ovos durante 10 minutos mais ou menos. Unha vez cocidos, esperamos a que arrefríen e pelámolos.

2. Imos preparando o resto de ingredientes. Escorremos o atún, desfacémolo e poñémolo nun bol.

3. Picamos as aceitunas, os pementos e os corazóns da leituga.

4.  Mesturamos todos os ingredientes no bol i engadimos maionesa ao gusto, pero sen pasarse eh¡¡¡

                                      

5. Colocamos no fondo do molde 3 rebanadas de pan. Depende de como sexa o voso molde, pero o importante é cubrir todo o fondo. Logo botamos unha capa da mestura que fixemos, cubrindo todo o pan.

     


6. Logo poñemos outra capa de rebanadas de pan, que cubriremos de novo co recheo, e así ata o final do molde.

7. Unha vez rematado, botamos por enriba do pan unha capiña fina de maionesa e decorámolo como queiramos.

                                


8. Metémolo no frigorífico durante 2 horas para que estea ben fresquiño, quitámolo do molde, colléndoo polo film transparente e poñémolo nunha bandexa para servir e xa está listo para comer¡¡¡¡ 


Xa que fixemos o primeiro prato, remataremos facendo un postre que estamos case seguras que vos gustan a tod@s. Unhas riquísimas natillas.


Ingredientes: 
  • un litro de leite enteiro
  • un sobre de preparado para natillas
  • azucre
  • canela
                             


1. Botamos case todo o leite nunha pota, pero primeiro enchemos unha taza na que botamos o contido do sobre no leite frío.

                                           


2. Na pota co leite que poñemos a quecer, botamos o azucre. Nós botamos 4          culleres de sopa rasiñas, pero podedes engadirlle algunha máis se sodes            moi lambóns 😉

                                           


3. Cando o leite empece a ferver, engadiremos o que temos na taza pouquiño a      pouco. 

    É moi importante que non deixedes de remexer ata que ferva outra vez o          leite, se non pegarase no fondo da pota e non van estar moi boas.... 🙊 

                                       


4. Cando ferva o leite, retiramos a pota do lume, e botamos as natillas nuns          recipientes individuais.

    Nós botámoslle canela porque nos encanta, pero eso xa é ao voso gusto.

                                                      

Buenos pois ata aquí o blog de hoxe,  esperamos que vos gustaran as receitas e que as fagades na vosa casa, ca axuda dalgún maior, non vaia ser que vos queimedes ou cortedes¡¡ 😱 

Ata mañán amiguiñ@s¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario