viernes, 22 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 47


Bo día amiguiños, ¿como pasates a semana?. Xa sabemos que durante o día estades moi ocupados facendo unha morea de cousas. Pero hoxe temos para vos un traballo especial. 
 Reto nº 1: OS CINCO BUCANEIROS
Chegou ás nosas mans unha carta procedente de Terrae Pacificus. Nela cóntannos que perto da beira do mar atoparon unha caixa toda enferruxada. Dentro da caixa, pechada cun candado do que colgaba unha insignia cunha calaveira gravada, había unha brúxula, un catalexo, unha bolsiña con dous dentes de prata e uns pergamiños enrolados sobre sí mesmos  e atados cun fío de seda.
Xunto a carta envíannos os pergamiños que atoparon dentro da caixa. Neles descríbense  as aventuras de cinco bucaneiros polas Illas do Pacífico. Despois de moitas batallas gañadas os cinco piratas conseguiron xuntar grandes tesouros, que esconderon na Illa do Pirata.
No centro do Océano Pacífico, atópase a famosa Illa do Pirata, que ten cinco praias, catro están situadas en cada un dos puntos cardinales e outra no sudoeste.

 
Sábese que na illa están enterrados os tesouros dos cinco bucaneiros famosos: Barba Roja, Barba Azul, Barba Branca, Barba Gris, Barba Negra. Pero ningún deles enterrou o seu tesouro na praia na que desembarcou.









Na carta que recibimos pídennos que lles axudemos a resolver este enigma.
Seguindo as seguintes pistas,  descubriremos onde desembarcou cada pirata, que contiña o seu tesouro e  onde o enterrou.
  • Un dos tesouros está enterrado no centro da illa.
  • Barba Roja enterrou ouro, pero non o fixo no centro da illa.
  • Quen desembarcou na cara este (que non foi Barba Gris) levaba moedas de ouro e prata.
  • Quen desembarcou na praia sudoeste enterrou o tesouro na praia oeste.
  • Barba Negra desembarcou na praia oeste, pero non levaba prata.
  • Na praia sur  desembarcaron diamantes, pero non se enterraron na praia norte.
  • Barba Branca desembarcou na praia norte, pero non enterrou o seu tesouro no centro da illa.
  • As perlas foron enterradas na praia este.
Usando a información anterior, ¿saberíades dicirnos onde desembarcou cada pirata, que tesouro traía e onde o enterrou?
Cando resolvades este enigma, so vos quedará un  paso máis para poder abrir cada os cofres onde están gardados os tesouros. Os cinco piratas desconfiados como eran, querían asegurarse de que soamente os máis espelidos puideran facerse co seu tesouro, asique idearon unha última proba. Todos os cofres estaban pechados cunha combinación secreta. Para poder abrilos teredes que conseguir facer o seguinte reto.

RETO Nº 2: CAMBIO DE VARIÑAS MÁXICAS

Cada cofre está pechado cunha combinación secreta, para poder abrilo tedes que cambiar tres variñas de sitio de forma que queden soamente tres cadrados idénticos. Unha vez que o consigades  abriranse os cofres e os tesouros serán vosos. A continuación presentámosvos unha figura. Poñede atención e pensade ben, porque cambiando as variñas formaranse os tres cadrados

Pista: un dos tres que deberás mover é calquera dos dous que aparece máis á esquerda.
Ánimo piratiñas, parece máis difícil do que realmente é, soamente tedes que ler todas as pistas despacio, e as pezas cadrarán todas no seu sitio. Animádevos a facelo e compartíde con nós o resultado no facebook da Aula, ¡¡Agardamos intrigadas!!
E ata aquí a aventura de hoxe,  ata a próxima !!
Moitos bicos para todos


No hay comentarios:

Publicar un comentario