jueves, 7 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 38.

Ola piratas!!!!


Hoxe toca.....cociñarrrrrrrr!!!!!A polas tixolas e ao ataque grumetes!!!

Veña pequeno/as chefs, no día de hoxe ímosvos propor dúas deliciosas receitas para encher o bandullo.

A primeira delas é unha receita salgada que serve para acompañar case calquera prato de carne ou peixe (a nós encántanos o peixe).

CABAPIZZA:

Para facer estas deliciosas cabapizzas imos necesitar:

  • 1 cabaciño
  • Tomate natural triturado
  • Queixo ralado
  • Aceitunas
 O proceso non pode ser máis sinxelo.

  1. Lavamos e cortamos o cabaciño en toros dun centímetro e colocámolos nunha bandexa de forno con papel de forno sulfurizado.
  2. Botamos ben de tomate triturado.
  3. Engadimos queixo ralado, canto máis mellor.
  4. Rematamos cunhas oliviñas negras ou verdes.
  5. Enfornamos 10 minutiños a 175 graos.


5. Sacamos e comemosssssssss!!!! En serio, están riquísimos estes calapizzas, ademáis piratiñas hai que animarse a comer verduras para estar fortes e sáns.



A seguinte receita que vos propomos hoxe é para lambóns e lambonas!

GALLETAS DE CHOCOLATE TIPO BROWNIE:

Esta receita é simplemente DELICIOSAAAAA!!!!

Imos necesitar:
  • 100 gr de chocolate para fundir (nós usamos o Lindt 70%)
  • 35 gr de manteiga
  • 1 ovo
  • 60gr de azucre moreno, panela...
  • 1/2 de culleradiña de esencia de vainilla
  • 55 gr de fariña
  • 12 gr de maicena
  • 1/4 de sobre de lévedo químico (tipo Royal)
  • Unha presiña de sal 
  • 4 noces 
Mans á masa piratas.

(Poñemos o forno con calor enriba e embaixo á 180 graos máis o menos)
  1. Nun bol fundimos o chocolate e a manteiga e reservamos. No outro mesturamos o ovo, o azucre, a vainilla e o sal, batimos todo ben. Unha vez temos as dúas mesturas, xuntamos o chocolate e a manteiga coa mestura de ovo e azucre. Mesturamos todo ata que quede ben integrado.
  2. Nun bol xuntamos a fariña, a maicena e o lévedo, dámoslle unhas voltiñas e botámolo con moito amor á mestura anterior de chocolate.
  3. Unha vez temos a masa, se queremos añadímoslle algún froito seco, no noso caso foron unha noces.
  4. Facemos unha boliña nunha bandexa de forno.
  5. Enfornamos e despois de 12-13 mn, aqui as temos, listas para comer. A nós, con estas cantidades saironnos unhas 12 galletas piratamenteriquísimas!!!😋😋😋
*Esta última receita foi collida do instagram de Fabián León Masterchef, cambiando algunha cousiña, pero é casi igual. Se queredes ver a receita orixinal podedes  deixámosvos ligazón aqui mesmiño.

⇊⇊⇊

Bo proveito piratas, e se facedes algunha das nosas receitas lembrade mandarnos a proba!!!!Miam




No hay comentarios:

Publicar un comentario