miércoles, 27 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa día 50


Bo día a todos, ¿que tal estades?, estamos seguras que hoxe ides ter un día repleto de cousas para facer, pero pedímosvos que nos fagades un oco para facer estes dous xogos que vos imos a propoñer.
¡Preparados, pois comezamos!
¡TRAGABOLAS!
¿Qué necesitamos?
·        Un trociño de cartón moi grande e resistente
·        Lapiz
·        Goma de borrar
·        Témperas ou ceras
·        Pinceis
·        Papeis de periódico para facer pelotas, se tedes pelotas de plástico podedes usalas no canto das de papel
·        Celo
·        Xiz ou cinta adhesiva
¡A traballar!

Primeiro pintaremos o cartón con témpera dunha soa cor, cando esté seco, debuxaremos distintas figuras de animais de granxa: unha vaca, un porquiño, un polo, unha ovella, e un cabalo (non fai falta que pintedes o corpo se non queredes, podedes debuxar soamente a cabeza). A continuación faremos un buraco no lombo dos animais. Pintaremos os debuxos con témpera ou con ceras de cores.
Con follas de periódico facede boliñas e poñédelle un pouco de celo para que non se vos desfagan. Con cinco por participante será suficiente, pero podedes facer máis.
Cada un dos animais terá un valor en forma de puntuación, a vaca valerá 30 puntos, o cabalo 25, o porquiño 20, o polo 10, a ovella 15. Podedes escribir os puntos debaixo de cada animal.
Buscade un lugar onde apoiar o cartón, e contade cinco pasos dende o cartón,  e marcade cunha raia. Contade de novo tres pasos, pero desta  vez dende a marca que fixestes antes, e debuxade outra raia no chan. Dade dous saltos dende esta última marca cara adiante e onde caiades, facede outra liña no chan. Ésta última, será o lugar dende comezaredes a tirar.
¡A xogaaarrr!
O xogo como ben di o seu nome consiste en darlle de comer aos animais, dende as marcas teredes que ir tirando as boliñas e tratar de mételas na boca dos animais, cada vez que metades unha bola na boca dun dos animais iredes sumando os puntos que vale cada un deles.
Cando lancedes todos os xogadores dende a primeira marca podedes pasar a tirar dende a segunda, e así sucesivamente ata rematar o xogo. Gañará o que consiga a puntuación total máis alta.



 
¡PONLLE A COLA O BURRO!

O seguinte xogo que vos propoñemos é un xogo tradicional. É  moi sinxelo e para o que non se precisa moito material.
Este xogo, como o seu nome indica,  consiste en poñerlle a cola  ó burro, pero cos ollos vendados.
¿Qué necesitamos?
·        Cartolina / cartón ou papel, do tamaño dunha cartolina
·        Papel crepe, una trozo de tela ou lanas (para a cola)
·        Celo, velcro ou alfileres, ou calquera outro material que permita adherir a cola á cartolina
·        Un pañuelo, para cubrir os ollos dos nenos
·        Lápiz
·        Ceras de cores ou rotuladores
¡A traballar!
O primeiro paso para organizar o xogo é debuxar a silueta do burro nunha cartolina, que por suposto, non debe ter cola. Coloreámolo e logo, por separado, débese elaborar a cola do burro utilizando materiais de cores, papel crepe, lanas, ou un trozo de tela, e no extremo engadiráselle a cinta adhesiva, o velcro ou o alfiler, para que a poidades pegar na cartolina.
Colocaremos a cartolina contra unha parede, a unha altura cómoda para os nenos que participen.
A cada un dos xogadores débeselle entregar unha cola de burro que teña o seu nome.
¡A xogaaarrr!
Turnándose un a un, un neno debe pasar adiante e cubriránselle os ollos atándolle un pano ou colocándolle un antifaz.
Tamén se pode facer que o neno vire algunhas voltas sobre si para que lle sexa máis difícil.
Agora, o neno debe ir cara a onde está o burro e intentar pegar a cola xusto no seu lugar. Gañará o neno que acerte  a pegar a cola ó burro xusto no seu sitio,  ou o que máis se aproxime.
A idea pódese pasar a case calquera outro animal,  personaxe de debuxos animados, etc.



E ata aquí amiguiños as nosas propostas de hoxe. Esperamos que vos gusten e que o pasedes ben.  Animádevos a compartir con nós as vosas opinións sobre todo o que estamos a subir no blog e no facebook, tamén podedes contarnos cousas sobre como o estades a pasar todo este tempo de confinamento e todo o que vos queirades. Ah! e por suposto se sacades alguna fotiño das actividades que facedes, subídea o noso Facebook.

¡¡¡¡Un millón de apertas para toodooosss!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario