miércoles, 13 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 41

Como estades hoxe piratiñas? Aínda que estes días choca de vez en cando,   seguro que temos tempo de facer de todo: sair a pasear un ratiño, facer deberes, xogar, axudar nas tarefas de casa, ver a tele... cantas cousas podemos facer nun só día!!!!!

O blog de hoxe vai ser especialmente para os mais pequeniños da casa, imos propor uns xogos moi sinxelos e doados de facer.

Lanzamento de prato.

Como xa podemos sair ás ruas, imos adornar un plato que nos sirva para lanzarlle ós nosos amigos. De este xeito poderemos xogar con eles mantendo a distancia de seguridade. Mirade como quedaría.



Materiais que imos precisar:

- 1 prato de plástico ou cartón.
- Rotuladores permanentes, ou se non dos normais.

Os rotus permanentes pintan mellor nos pratos de plástico, pero se só tendes dos normais, deixade que sequen despois de pintar, se non o debuxo borrarase.


 Nos fixémolo con rotus normais e xa vedes nas fotos que perden algo de cor, iso é normal. Non pensedes que o plástico se está comendo a vosa pintura!!!!!

Unha vez pintado, só queda sair a xogar con el fóra da casa. Lanzádello a quen queirades, ós veciños/as, a mamá ou papá... incluso se llo lanzades ó can vai estar moi contento de ir buscalo, pero coidado, que o can igual vos rompe o prato cos dentes, e quedades sen xoguete!!!🐶🐶🐶🐶🐶

Baloncesto con globos

Materiais que imos precisar


- Globos
- 1 pa de espantar moscas. Se non tendes, usade unha espátula da cociña.
- 1 cesto para meter os globos que ides usar.

O xogo é moi sinxelo para os pequerrechiños. Pedímoslle ós maiores que están en casa que nos inflen uns cantos globos. Colocamos o cesto no centro do cuarto, e coa pa dámoslle golpes ó globo ata metelo no cesto sen que toque o chan.

Os maiores podedes facer unha marca no chan retirada do cesto, e lanzar os globos dende esa marca, e tamén podedes coller unha cadeira e poñer o cesto enriba para que sexa máis complicado.
Cada vez que entre un globo, será un punto.
Seguro que conseguides encestar un montón!!!🎈🎈🎈🎈

O xogo do limbo

Seguro que todos e todas sabedes xogar ó limbo.


Necesitamos

- Música (o máis importante).
- Unha corda, pau da vasoira, ou calquera obxecto que sirva para pasar por debaixo.

Se mamá e papá están en casa poden suxeitar a corda mentres ti, piratiña, bailas e pasas por debaixo. Se non tes quen suxeite a corda podes atala a duas cadeiras e vas baixando pouco a pouco a altura da corda para pasar por debaixo.
Agora só tes que subir a música a todo volume e bailar!!!!!!!!!


Disfrutade  moito facendo os xogos de hoxe e xa nos contaredes que tal vos saíron. Deica a próxima surcadores de ríos, mares, océanos e a bañeira de casa. Bicos a moreas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario