Ola Luns¡¡¡ Empezamos a semana piratiñas¡¡¡¡
Que tal a fin de semana? Todo ben?
Todas as monitoras votámosvos moito de menos 😟 i estamos desexando poder estar convosco de novo.
Mentres tanto, pois a ver se facemos algo para entretervos.
Hoxe propoñémosvos facer unha máquina de chuches, que poden ser de carameliños de chocolate (tipo Lacasitos) ou chicles de boliña ou o que se vos ocorra.
Necesitamos:
- 1 botella de refresco das pequeniñas
- 1 botella de refresco mais grande
- un vaso de plástico
- unha chincheta
- un cúter, coitelo ou calquera cousa para cortar o plástico (pedide axuda a un adulto, que non queremos que vos manquedes)
- unha regra
- un rotulador
- chuches
1. Ca boca da botella, marcamos un círculo no cu do vaso de plástico, e cortámolo co cúter
2. Agora collemos o vaso e marcamos uns puntos: uns en vertical e outros facendo un semicírculo.
Cando os teñamos debuxados, cortamos o vaso
3. Cortamos 2 cadradiños de plástico, un mais grande e outro mais pequeno.
Cravamos a chincheta nos dous cadrados de plástico, meténdoa pola ranura do vaso que cortamos antes, de xeito que quede o cadradiño mais pequeno por fora e o mais grande por dentro. Será a trampilla para abrir e pechar a nosa máquina
5. Por último, enchemos a botella cas chuches e colocámola enriba do vaso, encaixándoa no burato
Xa temos o noso expendedor de chuches¡¡¡ 😋
Como esta manualidade é un pouco laboriosa, agora faremos outra máis sinxela....
Imos facer unhas tarxetas para felicitar a quen queirades: o cumpre, o Nadal.....
Necesitamos:
- un cartón, papel continuo ou algo semellante
- unha cartolina branca
- escuma de afeitar
- colorante alimenticio da cor que vos guste
- unha espátula
- unha regra
- un pauciño
1. No cartón botamos a escuma de afeitar, facendo un rectángulo máis grande que a cartolina, i estendémola ca espátula
2. Botamos unhas pingas do colorante alimenticio e removemos co pao para que se mesture ca escuma
3. Agora collemos a cartolina branca e poñémola enriba da escuma e presionamos un pouquiño para que se fixe a escuma ca pintura á cartolina
4. Levantamos a cartolina e quedaría semellante a esta. Quitámoslle cunha regra o sobrante de escuma. Deixámola secar
Xa temos a nosa tarxeta de felicitación para esa persoa especial 😜. Podedes decorala como máis vos guste
Buenos amiguiñ@s, esperamos que vos gustaran as propostas de hoxe.
Acordádevos de nós, e mandade vídeos ou fotos, das actividades que fagades que tanto nos gusta velas¡¡¡¡¡
Unha aperta de 🐼 para tod@s¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario