martes, 5 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 36


Bo día piratiñas¡¡¡¡¡¡

Hoxe imos poñer a bata e lentes de científicos porque faremos dous experimentos moi chulos.

O primeiro vai a ser ademáis de interesante, moi rico, creando CRISTAIS DE AZUCRE



Necesitaremos:

- 1 taza de auga fervendo
- un frasco ou vaso de vidrio
- un lápiz ou pauciños
- 3 tazas de azucre 
- colorante alimenticio (opcional)


1. Disolve o azucre na taza de auga fervendo, se queres engádelle o colorante alimenticio da cor que che guste

2. Une os dous pauciños en forma de T coma na imaxe, e frota azucre sobre o pao vertical. Coloca o pauciño na boca do vaso

O pauciño non debe tocar o fondo do vaso e colócao nun lugar cálido e déixao unha semana.


3. Ao cabo dos 7 días verás como se formaron cristais de azucre na pao, e poderas sacalo do frasco

💭sabías que? ao mezclar grandes cantidades de azucre con auga quente, creas unha solución sobresaturada. Co tempo, a auga evaporarase da solución, creando cristais. Este proceso químico chámase CRISTALIZACIÓN 

Xa sabedes como se fan as pompas de xabón verdade?

Pois hoxe faremos SERPES DE BURBULLAS 

Necesitaremos:

- unha botella de auga de medio litro
- un calcetín
- Xabón de lavar os pratos
- un prato
- auga
- tesoiras
- colorantes (opcional)


1. Cortamos o cú da botella



2. Tendes algún calcetín desparellado pola casa? non vos preocupedes, se non tedes ningún, podedes usar calquera que despois de lavalo, podedes seguir usándoo.
O calcetín tendes que poñelo enteiro, de forma que a parte que vai nos dediños cubra o fondo da botella que recortamos. Si vos sobra calcetín, dádelles a volta e listo. Quedaría así:  

3. Agora imos preparar o "combinado burbulleiro". É moi sinxelo. Só hai que poñer un bo chorro de lavavaixelas no prato i engadir 2 ou 3 cucharadiñas de agua. Mezclades ben e engadides outro chorriño de lavavaixelas. Volvedes mezclar e listo¡


4. E agora imos facer burbullas¡ mollades o calcetín na mezcla e polo outro lado soplades. Feito¡¡¡ empezan a sair burbulliñas. Pódense facer cadeas super longas de pompas coma se fosen serpes.
NOTA: CANDO QUEIRADES TER UNHA SERPE DE CORES, E CONVERTIR AS BURBULLAS NUN ARCO DA VELLA, EMPREGA OS COLORANTES LÍQUIDOS MANCHANDO UN POUCO O CALCETÍN




Bueno amiguiñ@s, pois ata aquí o blog de hoxe. Mandádenos fotiños ou vídeos das cousiñas que ides facendo, que nos encantan¡¡¡¡
Unha aperta e moitos bicos virtuais¡¡¡ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario