Hoxe toca receita da boa. De primeiro hamburguesa de pescada e de segundo, xeado tipo magnum, de froitos vermellos e mascarpone. Comezamos!!!!
- Hamburguesa de pescada.
Ingredientes para 4 hamburguesotas ou 6 hamburguesiñas:
- 500 gr de lombos de pescada sen pel.
- 100 gr de chícharos cocidos.
- 1 ovo batido.
- 1/4 de cebola e 2 dentes de allo.
- un pouco perixel.
- Sal e pementa ao gusto
*Opcional 1 cullerada de mostarda.
- Picamos o allo e a cebola e deixamos que se faga nunha tixola.Reservamos.
- Nunha picadora botamos a pescada e os chícharos e picamos menudiño.
- Botamos nun bol a mestura de pescada e chícharo e botamos o ovo o perixel e a cebola co allo. Aqui, si queredes podedes botárlle a mostarda.
- Salpimentamos e mesturamos ata que quede todo ben integrado.
- Deixamos reposar 1 horiña na neveira tapado cun papel film.
- Formamos as hamburguesas.
- Poñemos nunha tixola cun chisco de aceite e deixamos que se fagan.
- Xeado de froitos vermellos e mascarpone con cobertura de chocolate.
Ingredientes para 4 xeados.
- 160 gramos de fresas e arándos.
- 100 gramos de mascarpone.
- chocolate negro para fundir-
- Nun bol poñemos a nosa froita e pasámola pola picadora ata que quede como un puré. A nos encántanos que queden grumiños.
- Mesturamos co mascarpone previamente batido a mán.
- Metemos nos moldes e do molde para o conxelador. 8 horiñas mínimo.
- Fundimos o chocolate nun vaso algo fondo.
- Desmoldamos e metemos o xeado no chocolate.
- Reservamos nun pratiño no conxelador ata a hora de comer. Si podemos claro.
Que aproveite piratas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario