lunes, 18 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Dia 43

Bo dia amiguiños e amiguiñas. Hoxe non somos monitoras, somos científicas expertas con bata  branca e pelos pincho de cores que vos imos ensinar un par de EXPERIMENTOS algo tolos e incribles. Abride ben os ollos para non perder ningún paso !!!!!!

Experimento nº 1: ESTRELA MÁXICA

Materiais que imos necesitar:






❄ 5 escarvadentes
❄ Unha culler
❄ Auga

Comezamos: o primeiro que tes que facer é dobrar os 5 escarvadentes á metade, en forma de V pero sen chegar a rompelos, así como ves na imaxe.


 Según vas dobrando, tes que ir colocando os escarvadentes coa parte que dobrar hacia dentro e as puntas hacia fóra. Para entendelo mellor fíxate na imaxe.

 A figura que ten que quedar ó final é a seguinte: os 5 vértices hacia dentro e as 10 puntas hacia fóra.

 O seguinte paso será coller un chisco de auga nunha culler e botala no centro dos escarvadentes. Non tes que botar moita, so unhas gotiñas.

Agora dalle o play e xa verás o que ocorre de súpeto:

Como podes ver os escarvadentes acaban transformándose nunha estrela. Arte de maxia????? Pois non, ten unha

explicación científica:

A madeira, cando forma parte da árbore, está formada por uns pequenos tubos que transforman as sustancias nutritivas e as sales minerais disoltas na auga. Cando se corta a árbore, estes pequenos tubos vacíanse pouco a pouco facendo que se seque a madeira, pero sigen ahí incluso cando se fan figuras con esa madeira: esto é o que se coñece como porosidade.
No experimento, os escarvadentes absorven a auga a través dos extremos dobrados. As fibras da madeira inchan, permitindo que a parte humedecida se desplace lentamente ata formar a estrela. 
Neste experimento vemos as propiedades físicas da madeira, como a súa porosidade e a capacidade de absorber a humidade.


Experimento nº 2: LEITE COLOREADA

Materiais que imos precisar:

❃ Leite
❃1 recipiente algo fondo
❃ Colorante alimentario. Se o que tes en casa é liquido perfecto. Se tes en xel como os da foto, necesitarás uns recipientes para botarlle un chisquiño de auga e facelos máis liquidos.
❃ Xabón de lavar os pratos
❃ 1 bastoncillo dos oídos

En primeiro lugar imos preparar os colorantes. Nos en casa só tiñamos en xel, así que imos diluílos un pouco para conseguir facer o experimento. Botamos cada cor nun recipiente separado e añadimos un par de gotas de auga para facelo máis líquido. Remexemos cun escarvadentes (cada cor cun distinto, se non mezclarás as cores). Non o fagades directamente cos colorantes en xel porque non vos sairá o experimento (decímolo por experiencia, que tivemos que facelo 2 veces porque non saía).


Agora  botade o leite nun recipiente.

A continuación tes que botar o colorante dentro do leite. Nos fixémolo directamente das cuncas onde estaban. 





Para continuar hai que coller un bastoncillo dos oídos e mollalo en xabón de lavar os pratos.

 Abride o vídeo para ver o que vai ocorrer:

Tampouco esto é maxia. Imos ver a explicación científica:

O leite ademais de auga, componse de graxa. O añadir os colorantes, estes flotan porque son menos densos que o leite, pero cando o xabón entra en acción  os colorantes comezan a correr por todo o recipiente mezclándose e retorcéndose. 

O xabón rompe a tensión superficial do leite e as cores saen despedidas alonxándose do propio xabón. Ademais o xabón ten como misión atrapar a graxa, polo que esta persecución fai que o leite se mova creando correntes e remuiños nos que quedan atrapados os colorantes.

Despois de estas explicacións, xa sabes, piratiña, tes que ir a cociña, coller o material que che faga falta, e convertirte nun respetado/a, aclamado/a, eloxiado/a científico ou científica. Esperamos que che gusten os experimentos de hoxe e que te divirtas moito facéndoos.


Un abrazo e un bico virtual.
💚💛💜💙💗

No hay comentarios:

Publicar un comentario