miércoles, 6 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 37


Ola ola grumetes!! ¡¡Veña veña erguédevos da cama, hoxe é día de xogos, de diversión! E hai moitas cousas que facer.
¡Temos preparado para vos uns xogos cos que disfrutar coas vosas familias! Son sinxelos, e podedes pasar con eles un rato entretido.
O primeiro xogo que vos propoñemos é un: 

mINI GOLF 

O mini golf xógase cunha bola nun recinto pechado, normalmente con hoyos delimitados  para que non salga a pelota do percorrido, os hoyos de minigolf están feitos de céspede artificial e conteñen todo tipo de obstáculos, dependendo da creatividade do diseñador. Nós faremos un minigolf personalizado:
Para facer un minigolf necesitaremos:
·        Paus de golf (En caso de que non teñades, a continuación dámosvos unha idea de como facer un pau de golf caseiro)

MATERIAIS
Pau dunha escoba vella ou tubo de cartón
Cartón de leite valeiro e limpo
Tesoiras
Cinta adhesiva
Cinta aislante
Papel continuo 

PARA FACER O NOSO PAU DE GOLF:
No lateral do cartón de leite marcaremos un círculo do tamaño do rollo de cartón, ou da escoba, usando éste para facer a marca.
Recortaremos o círculo que fixemos e a continuación envolvemos o cartón de leite co papel continuo, como se fose un regalo
Reforzaremos todas as esquinas con cinta aislante ou adhesiva. Recortamos o círculo que fixemos antes de envolver o cartón de leite.
Cando xa o temos recortado, meteremos o rollo de cartón, polo burato e aseguraremolo a caixa de cartón con cinta adhesiva, e forraremos con papel de aluminio para que non se vexa o celo e quede máis chamativo.

Tamén nos fará falta:
·        Pelotas de golf, pin pon, ou pelotas que teñades por casa, a poder ser de tamaño das pelotas de golf. Tantas como xogadores van a participar
·        Tizas ou cinta adhesiva, para debuxar o circuito
·        Folios de cores
·        Rotuladores de cores
·        Paus de pinchos morunos
·        Tesoiras
·        Legos, pezas de madeira, etc.
·        Un trozo de cartón
·        Rollos de papel hixiénico ou de cocina ( dous ou tres)
·        4 Botellas de plástico grandes
·        Paus de madeira
·        Caixa de cartón
Ecantos xoguetes se vos ocorran para facer máis hoyos para o noso minigolf.
¿CÓMO O FAREMOS?
 Primeiro delimitaremos o campo que vamos a empregar para xogar o minigolf, e debuxaremos o circuito con xiz ou cinta adhesiva.
Despois marcaremos os lugares onde van a ir os hoyos, podedes facer cinco por exemplo, dependerá do grande que queirades facer o voso minigolf. Lembrade que os hoyos han de estar un pouco separados.
Para sinalizar os hoyos faremos unhas bandeiriñas, coma as que se usan no golf. Podense facer con pinchos morunos e folios de cores en forma de triángulos (abaixo os deixamos as plantillas). En cada unha escribiremos o número de hoyo que lle corresponda, do 1 ao 5.
Aquí vos deixo un  exemplo de circuito de minigolf caseiro.



Agora que xa tedes marcado ocircuito prepararemos os hoyos, a saída e a chegada.

 Saída: Para marcar a saída, podedes facer un letreiro con dous paus de pinchos morunos e un folio no que escribiredes a palabra saída, pegades o letreiro aos paus polos extremos e clavamos os pinchos no chan ah e non vos esquenzades de colocar ó lado unha bandeiriña que poña  SAÍDA.

 Hoyo nº 1: Se tedes na casa pezas de madeira ou legos podedes construir una figura con forma de ponte, deixándolle un arco un pouco grande pola que poda pasar a vosa pelota. Ó lado colocade a bandeiriña con número de hoyo.





Hoyo nº 2: como segundo hoyo, podedes coller un cartón dunha Caixa. Cortade unha tira ancha e un pouco longa e dobládeo formando un arco pouco pronunciado, colocádeo no chan de tal maneira que a pelota non pase polo oco, senón que pase por encima do cartón. Algo así:
 

Hoyo nº3: Para facer o hoyo número 3, usaremos dous rollos de papel hixiénico ou de cociña. Pintamos os rollos e os poñemos un detrás do outro, seguidos pero  cunha separación entre eles, procurando que coincidan para que a pelota poda pasar entre os dous nunha soa tirada. Lembra a bandeiriña co número do hoyo.

Hoyo nº 4: Agora podedes facelo un pouco máis difícil. Collede catro ou cinco pauciños e colocádeos separados un dos otros en liña, é unha idea, vos podedes colocalos como queirades. O obxetivo é pasar a pelota por entre todos os paus en zigzag. Podería ser algo así:

Hoyo nº5: Para este hoyo imos necesitar catro botellas de plástico. Recortade os dous extremos de  cada botella. Debe ser dun tamaño máis grande que a pelota. Colocade as botellas un ao lado da outra, pero non moi cerca unas das outras. Teredes que meter a vosa pelota por un extremo da botella e darle o impulso necesario para que saia polo outro extremo da botella. Atención lémbrate de colocar a bandeiriña. 

Chegada!!: Para este hoyo faranos falta unha caixa de cartón. Pechade a caixa con cinta adhesiva, podedes pintala e decorala. Agora no largo da caixa facédelle catro portiñas, e sobre cada unha escribide as seguintes cantidades: 25, 50, 75,100. Teredes que tratar de meter a pelota pola porta que tén a máxima puntuación, pero non pasa nada se non o conseguides porque por calquera porta obteredes puntos. E non vos esquenzades de poner o carteliño de CHEGADA.

A este xogo podedes xogar toda a familia, e tantas veces como queirades. Podedes engadir máis hoyos ou cambialos por outros.
A continuación deixámosvos as regras do xogo, pero podedes adaptalas, ou poñer as vosas propias normas. 
REGRAS DO XOGO

O obxectivo do xogo é levar a pelota desde a área de saída ao obxectivo definido hoyo no menor número de golpes posibles.
Un xogador debe terminar cada hoyo coa bóla coa que iniciou.
Unha bóla que foi perdida e non se atopa aos 5 minutos pode ser reemplazada por outra. O seguinte golpe deberá darse desde a última posición en repouso da bóla perdida. A bóla sempre ten que estar visible.
Cando  xogador vai facer o seu tiro, todas as demáis persoas deben manterse lonxe do hoyo para non molestar ao tirador.
A posición dunha bóla non pode ser cambiada antes de cada golpe.

Os obstáculos deben ser superados na forma en que se estableza en cada un dos hoyos. Cada golpe conta como un punto.
Si a pelota non foi metida no hoyo logo de 6 golpes súmase outro punto. A puntuación máis alta que pode ser anotada por hoyo é 7. Do mesmo xeito, a puntuación será de 7 si o xogador abandona o hoyo.
O gañador é o xogador coa puntuación total máis baixa sumando as realizadas en todos os hoyos.
Cada xogador é responsable de estar pendente da súa puntuación pero non de levala, o encargado de anotala será o seu contrincante.
Como vos dixemos ao comezo , hoxe vai ser un día de xogos e diversión, asique seguimos, mirade aquí o que vos deixamos:

APALABRADOS  XIGANTE

MATERIAIS:
 Cartón ou cartolinas tamaño folio/DIN A4
Tesoiras
Rotuladores negro

¿CÓMO O FAREMOS? 
Empezaremos creando as fichas do xogo. En cada folio escribiremos unha letra. Tedes que crear o seguinte número de fichas por letra, e  por xogador:
1: F, J, Ñ, Q, V, X, E, Z
2: B, G, H, M, P, comodín
4: C, L, T
5: D, N, R, O
6: I, S
9: O
12: A, E
 Despois só tedes que saír ao xardín, repartir 7 letras a cada xogador (sen ver), e deixar o resto boca abaixo nun recuncho.
Empezade a colocar as fichas e formar palabras, e ide repoñendo letras do montón a medida que as vaiades colocando no 'taboleiro'.
Cando se acaben as fichas ou ninguén poida colocar máis letras, acábase a partida. Non esquezades ir sumando os puntos en cada xogada e apuntalos nun marcador. 
Estes son os puntos por letra:
 1 punto: A. E, I, L. N, O, R, S, T, O
2 puntos: D, G
3 puntos: B, C, M, P
4 puntos: F, H, V
5 puntos: Q
8 puntos: J, Ñ, X
10 puntos: Z

Esperamos que vos gusten e volo pasedes moi ben con estes xogos e coas actividades que vos propoñemos cada día dende a Aula. Non vos esquenzades de nós, e subide fotos ou vídeos das cousas que facedes, porque nos encanta ver o que ides facendo.
Ata a próxima aventura piratas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario