martes, 19 de mayo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 44

Bos días piratas!!!!

Xa sabeds o que nos gusta navegar, pero estes días o de navegar está algo complicado, asi que adicamos os días a facer cousiñas no barco e pasear.

Nos nosos paseos atopamos unha chea de ideas para pasar mellor o tempo. O outro día, sen ir máis lonxe, puxémonos a recoller unha chea de margaridas e macela...E decidimos facer unhas coroas para as nosas cabezas.

Para facelas só necesitamos, flores con talo longo e algo gordechiño (para que non senos rompa tan facilmente) e saber facer unhas trenzas.

  1. Recollemos flores. A nosas foron margaridas.
  2. Empezamos con 3 e trenzamos. Unha vez lle dimos un par de trenzados, metemos no oco da trenza outra margarida....Asi, asi...


  3. E seguimos trenzando. Un pouco a ollo, imos metendo máis flores ata conseguir o longo desexado.
  4. Para pechala. Rematamos trenzando os talos das últimas flores entre si e podemos:
Opción 1. Atar a trenza final con outra flor.
Opción 2. Pasar a trenza que fixemos cos talos do final por un buratiño no comezo da nosa coroa e atar.



Para a seguinte idea é sinxeliña sinxeliña, necesitamos coller o pu que máis nos chame a atención nun dos voso paseos e ao chegar a casa, desplegar todo a artillería da que dispoñades (pinturas, anacos de cartolina, macarróns, paus máis pequenos, teas, purpurinas varias, escarvadentes, palliñas, flores, follas...), tal que asi....

E convertir o voso triste pauciño, nunha obra de arte MAÍUSCULAAAAAAAA!!!!

PRESENTÁMOSVOS A “O corzo que paseaba”
BUeno piratas, xa vede qe non necesitamos de grande cousa para crear...Asi que aqui vos deixo dúas ideas faciliña e sen casi nada de material para que poñade a funcionar a vosa imaxinación e empecedes a crear!!!

Abur artistas!!! Até Xa!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario