AVISO IMPORTANTE
Bo día Familias:
Dende o Concello somos plenamente conscientes do dano causado pola actual situación ás familias usuarias do Servizo de Conciliación.
Durante o estado de alarma, aproveitamos para facer melloras na Aula, co fin de que ó regreso das vosas fillas e fillos, atopen un lugar renovado e acolledor.
Este é un servizo que consideramos de prioridade absoluta i estamos á espera de recibir as comunicacións oportunas de cando i en que condicións poderemos reabrilo de novo.
Para ACLARAR as vosas DÚBIDAS, a partires do 1 de Xuño, as monitoras vos atenderán presencialemente na Aula, en horario de 9:00 a 14:00 horas, seguindo as medidas de seguridade oportunas.
Tamén podedes contactar vía telefónica ou pedir cita no
677 838 878.
Agardamos que esta situación mellore e poidamos vernos pronto a tod@s.
Un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario