lunes, 1 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 52



Hola amiguiños, hoxe estreamos mes!! Entramos xa  nas últimas semanas da primavera. Polo horizonte asoma o verán, e o sol xa vai quedar con nós durante un tempiño. Xa quitamos os calcetíns, as chaquetas e os abrigos, e preparamos  as sandalias, os xerseis de manga curta.
Estáseme ocorrendo unha cousa moi divertida para reutilizar os calcetíns que temos vellos. Non os tiredes, e mirade o que imos  facer con eles.
Si che gusta facer monecos para regalar os teus amig@s aquí vos damos una idea que esperamos que vos guste.  Quedade con nós e tomade nota do que necesitades para facer uns coelliños con calcetíns vellos.
Papis para esta manualidade precisamos que supervisedes /axudedes aso piratiñas.
COELLIÑOS CON CALCETÍNS
NECESITAMOS…
  • Un calcetín vello, se pode ser algo gordiño. Será o protagonista da nosa manualidade de hoxe
  • Agulla de coser, fío branco e negro
  • Teoiras
  • recheo de almofadas, tamen podedes usar grans de arroz
  • Tres botóns, dous pequenos para os ollos e un máis grande para boca
  • Rotuladores
  • Pistola de silicona ou cola,  para pegar os ollos e a boca
 



PASO A PASO….
Dalle a volta ó calcetín e pono polo revés, ca parte pechada cara arriba





Colle un xiz ou unha cera de cor e marca no medio unha raia vertical, que empece na parte pechada do calcetín ata máis ou menos perto do talón. 

 Cunha tesoira recorta pola liña que acabas de marcar. Cose as dúas orellas. Logo de coselas, voltea o calcetín polo lado dereito.
 Mete o recheo dentro do calcetín, tamén podes usar grans de arroz para que o moneco teña  máis estabilidade. Pecha  o calcetín cosendo a parte aberta
 Agora imos xuntarlle as orellas o coello. Para iso podes usar una cinta que se usan para facer lazos e unir con ela as dúas orellas, ou ben coselas para que queden xuntas.
Para facer os ollos  e a boca podedes empregar botóns  ou ben debuxalos vos mesmos con rotulador. Para facerlle a cola, facede unha boliña co recheo de almofada, e pegádello ó coelliño.


 Agardamos que vos guste e esperamos que a fagades, e por suposto, que lle fagades unha foto a o voso coelliño e a compartades con nós subíndoa  ó facebook.

  
 E AGORAAA......




HOXE O BLOG VEN CARGADIÑO DE NOVIDADES.
LEDE CON ATENCIÓN E NON PERDADES RIPIO!!!
PIRATIÑAS, POÑEDE A FUNCIONAR AS VOSAS CABECIÑAS PORQUE TEMOS PARA VÓS UNHA ACTIVIDADE QUE CREMOS VAI SER DO VOSO INTERESE. QUEREMOS QUE SEXADES VOS OS QUE NOS PROPOÑADES UN RETO PARA  QUE O FAGAMOS  AS MONITORAS. TEDES DENDE O 1 DE XUÑO ATA O VENRES  DÍA 5 PARA FACER AS VOSAS SUXERENCIAS.
ESE DÍA AS MONITORAS REUNIRANSE VIRTUALMENTE PARA ELIXIR UNHA DE ENTRE TODAS AS PROPOSTAS QUE NOS FAGADES.
PREGAMOS QUE SEXAN RETOS SINXELOS,  QUE SE POIDAN FACER.
¡ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR¡
¡SAÚDOS E ATA A PRÓXIMA AVENTURA!



No hay comentarios:

Publicar un comentario