Bo día a tod@s! de entre todas as cousas que ides facer no día de hoxe, seguro que atoparedes un oco para estas dúas cousiñas que vos imos propoñer. Estas actividades están relacionadas coa dramatización. Por un lado un
teatro de sombras caseiro. O teatro de sombras baséase na proxección de
figuras diante dun fondo iluminado. É un recurso máxico para
contar historias, inventalas ou adaptalas. E polo outro as marionetas para o noso teatro.
IMOS CO
TEATRO DE SOMBRAS!!
Para o
noso teatriño…
NECESITAREMOS:
·
1 caixa de cartón que teñades pola casa (por
exemplo unha Caixa de cereais, de zapatos, etc.)
·
debuxos do conto que vaiades a representar (tamén podedes
debuxalos vos mesmos)
·
papel de seda branco, no caso de que non
teñades tamén vale o papel para o forno
·
cartolina negra (tamén serven cartolinas de outras cores. No caso de que non teñades por casa podedes utilizar folios), papel de celofán de cores (opcional)
·
pauciños de brochetas ou palliñas
·
1 foco, unha lanterna ou un flexo
·
tesoiras,punzón
·
cola branca, celo
O PASO A PASO:
1º cortaremos o fondo da caixa de cartón, se a Caixa
que ides a utilizar ten solapas cortarémolas tamén, se usades unha caixa de
zapatos, quitaremos a tapa, e soamente precisaredes cortar o fondo
2º Recortamos un rectángulo de papel de seda / papel
de forno uns centímetros máis grande que a ventana e pegámolo por detrás con
celo ou cola branca, ten que quedar ben estirado. Antes de pegalo a caixa, e se
queredes, podedes debuxar neste papel con rotulador negro algunha decoración
relacionada co conto.
Tamén podedes decorar o
teatriño con figuras de cartolina pegadas polo borde.
4º Para facer os títeres, debuxamos as siluetas
das personaxes en cartolina negra e recortamos. Ao debuxar temos que ter en
conta que deben ser reconocibles, polo que convén debuxar as personaxes de
perfil, ou pola contra calar detalles internos co punzón. Opcionalmente as zonas caladas das figuras podédelas cubrir con papel de celofán de cores, por exemplo: os ollos, o vestido, no caso de personaxes, no caso dunha casa ou castelo, as ventás, a cheminea, etc. Xa que cando as poñades a contraluz veranse de cores. (Neste paso pódenvos
axudar os vosos papis, estamos seguras de que van a desfrutar)
Pegamos os títeres aos pauciños de brochetas/ palliñas cun trozo de celo.
NOTA: Para que o teatro de sombras funcione como tal, debemos colocar unha
fonte de luz por detrás do teatro: unha lanterna, un flexo, un foco, etc. e apagar as
luces xerais, tamén podemos empregar a luz do día. Si poñemos o teatro ao bordo
dunha mesa, os titiriteros poderán acomodarse por baixo.
No caso de que por calquera motivo non podades facer un teatro de sombras, tamén se poden proxectar as sombras na parede,
apagando as luces xerais e colocando un foco de luz a unha certa distancia. Os
títeres deberanse colocar entre a luz e a parede.
VAIAMOS AGORA COAS MARIONETAS!!
Seguramente vos teñades xa unha morea de ideas sobre
contos e historias para representar no
teatriño, pero ímosvos propoñer unha.
Como segunda
actividade e complemento da primeira, prepararemos uns títeres de pau para o
noso teatriño. É a parte máis sinxela de facer.
Para a
realización das figuras….
NECESITAREMOS:
·
Unha cartulina
negra.
·
unhas tesoiras, punzón
·
Pauciños de brochetas
/ palliñas
·
Celo
O PASO A PASO:
Sobre esa cartulina, debuxa ti mesma as figuras
e recórtaas con tesoiras. Non é necesario que sexa negra xa que a
sombra que proxectará si o será, pero evitarás reflexións na pantalla.
Si o teu non é debuxar, podes calcar as figuras
ou imprimilas. Ao
debuxar temos que ter en
conta que deben ser reconocibles, polo que convén debuxar as personaxes
de
perfil, ou pola contra calar detalles internos co punzón. Opcionalmente
as zonas caladas das figuras podédelas cubrir con papel de celofán de
cores, por exemplo: os ollos, o vestido, no caso de personaxes, ou no caso
dunha casa ou castelo, as ventás, a cheminea, etc. Xa que cando as
poñades a contraluz veranse de cores. Pegamos as plantillas nos pauciños con celo e
listo para comezar a xogar!!
A modo de exemplo, nós eleximos as plantillas dun conto que
seguramente todos coñecedes.
Os
tres bandidos
Conto que podedes representar
ou adaptar no teatro de sombras que fixestes anteriormente
Como lembraredes o conto narra a historia duns bandidos
terribles que tiñan atemorizada a toda a poboación. Pero nunha das súas
tropelías coñecerán a unha nena que cambiará as súas vidas…
Para aqueles que non o leron ou non o lembran
ben, se pinchades aquí, encontraredes
un enlace a unha web, slideshare, (red social onde se comparten en público e en
privado documentos en distintos formatos) onde atoparedes un power point do
conto.
A continuación nós deixámosvos as plantillas dos
protagonistas para que as imprimades ou as copiedes.
Podedes facer cantas plantillas queirades,
deixámolo á vosa elección e imaxinación.
Eso sí non vos esquezades de compartir con nós alguna
fotiño da vosa actividade, encantaranos ver o ben que vos saliu.
Non vos esquezades de pasar por alí:
https://www.facebook.com/Omix-O-Pereiro-1444899979152418/
Ata a próxima piratiñas!! 😊
No hay comentarios:
Publicar un comentario