viernes, 27 de marzo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. día 11.

                                                Arrrrrrriba amigos e amigas.

Hoxe é un día tan bo como outro calquera para novas aventuras. Estades preparadas e preparados??
Mirade o que nos pasou. Onte, as piratiñas do barco quixeron facer un debuxo e.....maldición!!!! 
Non tiñan follas de papel para deixar voar a súa imaxinación. Os piratas do barco remataran con todas as follas para facer un super arco da vella xigante para decorar o seu navío, así que sen pensalo dúas veces, puxerónse mans á obra e elaboraron o seu propio papel reciclado. 
Queredes saber como???
Pois veña, mans á masa e comezamos.
Imos necesitar:
  • Papel de periódico ou folios usados de calquera cor
  • Batidora
  • Colorante
  • Peneira, “colador” ou calquer obxecto para escoar 
  • Esponxa
Xa o tendes todo listo? Pois veña grumetes, a fabricar o voso propio papel.
  1. Recortade ou rompede en anacos máis ben pequenos os papeis que teñades atopado polo barco ups....pola vosa casa. Tal que asi como vedes na fotiño.
                                      
2. Agora que xa tedes todo ben esgazadiño toca mesturar. Botade todo o papel no vaso dunha batidora, engadídelle un chisco pequeno de auga para humedecer o papel e se queredes, podedes poñerlle cor cunhas gotiñas de colorante. Nós botamos amarelo e azul porque queríamos un verde esperanza.


3. Aqui vedes a masiña que vós queda, homoxénea e preciosa.

4. Toca pois coller a masa e quitárlle a auga. Podedes botala no “colador” (nós usamos unha peneira) e apretar e apretar ata que non deades sacado máis auga. Podedes tamén axudarvos da esponxa. Cando esteades seguro/as de que xa non hai auga, amasádea e dádelle forma. Lembrade que canto máis fina mellor. Nós deixámola máis o menos rectangular, pero podedes dárlle a forma que queirades (corazón, triángulo, cadrado,...)


E o último paso é...Deixar secar o noso papel ao sol!!! Que ben se esta ao soleciño!!!!


Se o facedes piratas, lembrade ensinárnolo no nos facebook eh??!!!

E depois de tanto traballo e de tanto esforzo, xa sabedes o lambóns e lambonas que somos, así que decidimos darnos un premio cunha merendola rica, saudábel e divertida. Unha tortiñas coas nosas caras.
As caras fixémolas coas froitas que tiñamos por casa: bananas, peras, mazás, fresas, arandos, uvas e manga. Pero tamén podedes usar outras e poñerlle máis cousas como chocolate, miam, ou froitos secos como pistachos, améndoas...Remiam...O caso é deixar que a imaxinación nos guíe.
As nosas tortiñas quedaron así de bonitas:



Temos que decir que entre preparar as tortiñas e escoller e lavar ben as froitas para despois decorar, pasamos un bo rato e divertímonos moito! Ensinádesnos as vosas???

*Receitas de tortiñas hai a moreas polos mares cibernéticos. No noso caso fixemos dúas receitas diferentes. Unha para os/as grumetes máis pequechiñas que aínda non toman azucre e outra para os/as máis grandiños/as.
As tortiñas para peques deixamosvos aqui a receita, porque non lembramos de onde foi sacada.

E a receita para as/os piratas maiores sacámola daqui






No hay comentarios:

Publicar un comentario