lunes, 16 de marzo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 1

Bos días piratas, piratiñas, grumetes e demáis traballadores/as do barco pirata máis molón do mundo mundial...

Como ben sabedes, estaremos atracados en terra firme durante unha tempada por orde do capitán maior e por sentidiño común. Os e as piratas, tamén quedamos na casa, bueno, neste caso no barco. Por iso decidimos facer uso das novas tecnoloxía e a partires de hoxe, subiremos diariamente unhas ideas para que poidades facer na vosa casiña e que esta cuarentena sexa máis levadeira para todos e todas.

Tamén lembrárvos que podedes sacar un monte de ideas tanto, de actividades como de xogos, no noso blog ou no noso Facebook e que si queredes pasar rato divertidos, tendes o noso canal de youtube, cunha chea de vídeos divertidos feito na casa.

Empezamos entón cas propostas para o día de hoxe. Avanti tutti le maquine pirataaaaaaassssss!!!!

No día de hoxe imos convertirnos en piratas científicos/as e investigadores/as
Para iso ímosvos dar dúas ideas de experimentos con cousiñas de andar por casa, xa veredes que supersinxelos e vistosos.

EXPERIMENTO GLOBO VOADOR:

Imos necesitar:

  • Un globo sen inchar
  • Unha botella pequena de plástico
  • Vinagre
  • Bicarbonato
  • Un chisco de imaxinación
E tan sinxelo como seguir o pasiños que vos imos dar. Nunha botella botamos vinagre, máis o menos 1/3 e reservamos.
Ca axuda doutra persona, abrimos ben a boquiña do noso globo e pouco a pouco imos botando bicarbonato, unhas 3 ou 4 culleradas grandes. Unha vez feito iso, colocamos a boca do globo na boca da botella con vinagre con cuidado de non derramar o bicarbonato e unha vez enganchados, sacudimos o bicarbonato dentro da botella e VOILÁAAAA!!!! Deixamos operar a maxia e a ciencia!!!!

*Se queredes que dure un pouco máis a actividade podedes previamente decorar a botella con papeis de cores, xornais vellos, cartón... Aquí vós deixamos unha foto do noso.

               O noso amiguiño necesita axuda para inchar o globo que le falta. Pódelo axudar?

                                                                

EXPERIMENTO BAILE BAIXO O MAR

Imos necesitar:
  • Unha plancha de cartón
  • Figuras de papel de peixes, polvos, estrelas de mar....O que a vosa imaxinación vos suxira. tamén os podedes debuxar e colorear en amor e compañía.
  • Clips
  • Un imán dos da nevera
Decorade o voso cartón como si fose o fondo do mar. Pegádelle un clip por debaixo de cada unha das vosas figuras mariñas. Un clip ao peixe, outro á estrela...etc
Colocade as vosas figuriñas sobre o cartón e pasade o imán da neveira por debaixo do cartón, veredes como se moven as figuriñas. É maxia? É Ciencia???

                                                 
       O noso tiña esta pinta, como vedes ao polvo puxémoslle clips en cada unha das patas e para que bailara fixo falta un super imán.

                                             
Bueno e ata aqui as ideas para o hoxe. Pásadeo moi ben e si facedes algunas destas ideas xa sabedes, podedes subir unha fotiño ao noso Facebook, así tamén o vemos e pasamos o rato.




Un saúdo pirata!!!!E moito ánimo todos e todas

No hay comentarios:

Publicar un comentario