lunes, 23 de marzo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 7

Bo día, buongiorno, good morning, bonjour, guten morgen, bom día, zӑo shàng hӑo....  a todos e todas as piratiñas do mundo mundial .


  Xa levamos alguns días  na casa, e as monitoras estamos moi contentas de todo o que traballastes esta semana pasada. Cos vosos vídeos, comentarios e fotos so demostrades que para vos o aburrimento non existe, e que sodes capaces de facer todo o que vos propoñades. Un aplauso para vos tamén.

Hoxe imos atrevernos  cun xogo de pistas. E diredes vos: pero se estamos encerrados, onde imos agochar as pistas!!!! Pois como a maioría de vos vive nunha casa, podedes usar todas as habitacións que hai,o baño,a cociña. o xardín, o garaxe, o faiado.... iso si, prohibido ir a casa do veciño ehhhhhh.


Normalmente sempre sodes vos os que buscades o tesouro, pero hoxe ídesvos converter en monitores e monitoras e serán os vosos pais, nais, avós, avoas, irmáns ou calquera outro membro da familia (os cans non nos valen )os que van atopar as pistas.

NOTA IMPORTANTE, IMPORTANTÍSIMA para os adultos: se o teu fill@ é de educación infantil ou non sabe escribir moi ben, podes continuar lendo. Pero se é un experto escribindo, por favor, abandona inmediatamente este blog e deixa que o teu piratiña siga coas instuccións do xogo. 

O primeiro que imos facer para comezar o noso xogo de pistas é pensar en qué sitios as imos agochar. O número depende de vos, podedes facer 5, 6,  7 ou as que queirades. Ímosvos por un exemplo, pero vos escondédeas onde vos guste mais.
1.- Darlle a pista en man.
2.- Cociña.
3.- Xardín
4.- Baño
5.- Garaxe
6.- O teu cuarto
7.- o pasillo.
Pero pode ser o faiado, a caseta do can, o comedor, o armario da entrada... calquera sitio que se vos ocorra.

PASO 1: recortamos 7 anacos de papel para escribir as nosas pistas.

PASO 2: Escribimos as nosas pistas no papel.

Exemplo:

1.- Oh que frio, oh que xeo
      corre que me conxelo.

2.- Cando chega a primavera
     as cores aparecen e o aroma
     inunda o ambiente.

3.- A auga chega, a auga vaise
     e limpa o xabón e a suciedade

4.- Se a seguinte pista queres atopar
     unhas chaves e un carnet
     necesitas para marchar.

5.- Os meus pés están quentiños
    e non é por correr.
    Grazas a quen será?

6.- Benvido, benvida. adeus, adeus.
     Deberás buscarme onte te saúdo
      e tamén me despido de ti.

7.- PARABENS




Aínda que na foto non se ve, a cor do papel das pistas é azul, podedes usar calquera folio de cores que teñades por casa, que vai quedar máis bonitiño que o branco.

Os de infantil,  o voso cómplice adulto será o que escriba a pista, e vos faredes un debuxo do sitio exacto onde se agocha, podedes pintar unha neveira, as flores do xardín, un coche ....

Unha vez escritas, doblades o papel e escribides por fora o número da pista. (na que pon oh que frío, oh que xeo escribides o 1, na seguinte o 2, e asi ata o 7)

PASO 3.- Agochamos as pistas.

Estádelo facendo moi ben. Agora toca agochar as pistas, e para que sexa algo doado, ides apuntar nun papel onde a ocultades, por se vos liades un pouco e despois non lembrades cal era a orde. Seguide estes pasos:

⧫ A pista 1 quédate con ela, e daslla na man os xogadores que van buscar o tesouro.

⧫ A pista 2 métea dentro da neveira, na cociña.

⧫ A pista 3 agóchaa no xardín, e se non tes xardín pode ser nunha planta que teñas en casa.

⧫ A pista 4  métea dentro da bañeira, no cuarto de baño.

⧫ A pista 5 ocúltaa dentro do coche de mamá ou papá no garaxe.

⧫ A pista 6 tes que agochala no caixón dos calcetíns do teu cuarto.

⧫ A pista 7 que é onde está o premio, debes agochala no armario da entrada, xunto co paquetiño de caramelos (xa che imos explicar despois que é isto)

Os de infantil ou principio de primaria, axudaredes a agochar as probas, pero tendes que estar moi calados e caladas e non descubrilas, que nos coñecemos!!!!!!!!

Agora so che falta reunir ós teus xogadores, e comezar a xogar.
Se sodes moitos en casa, podes facer 2 equipos e tes que escribir as pistas en folios de distinta cor, 7 pistas en folio amarelo, e  7 pistas en folio azul. En este caso cambia a orde das pistas, nunha das cores poden empezar pola entrada, e que rematen na neveira.


VERSIÓN MAIS COMPLICADA:

Piratiñas, podedes facelo como vos acabamos de explicar, ou avanzar varios niveis e complicarllo moito mais ós vosos xogadores.  - E logo imos atarlle os pes, ou vendarlle os ollos????  Sería unha opción, si, pero NON é a resposta correcta. Imos encriptar as pistas.

Aquí vos deixamos un código de símbolos, cada letra do abecedario ten un símbolo. O que tendes que facer é escribir as pistas con este código. A letra a é un triángulo, a letra b un cadrado, o c é o símbolo da suma, e así ata o z.



Se en casa hai impresora, imprimide a foto co código encriptado para lle dar ós buscadores do tesouro, xunto cun lapis para ir anotando a resposta. As dúas primeiras pistas xa están feitas, o reto é que escribades as que faltan antes de agochalas.
Sabemos que é moi complicado, que vos pedimos moito e que parece que ides tardar unha morea de tempo en facelo, pero GRUMETES: temos todas as esperanzas postas en vós, sodes moi listos, e levaredes a cabo esta misión coma os maiores e máis temidos piratas do mundo.

O PREMIO
Deixar unha notiña na que pon parabéns está moi ben, pero despois de tanto traballo, o que fai máis ilusión é atopar un premio, e sobretodo se é de comer. Así que imos coller uns carameliños que seguro que tender por casa (ou calquera outra chuche) e faremos un paquetiño con eles.


MATERIAIS:

- Caramelos ou outra chuche que haxa por casa.
- Papel celofán, ou forro de forrar libros (do que non pega), ou papel de forno. O da foto está feito con papel de forno
- 1 cinta para atar (vale raso, corda, la... o que atopedes).

Recortamos un cadrado grande de papel, colocamos os caramelos no centro e levantamos as puntas xuntándoas.
Collemos a cinta e atamos o papel facendo un lazo.

Pois ata aquí a vosa misión especial de hoxe, agardamos que o pasedes moi ben e queremos fotos da vosa búsqueda do tesouro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario