martes, 17 de marzo de 2020
Os piratas tamén quedamos na casa. Día 2
Bo día piratiñas, como levades este segundo día sen cole na casa? Seguro que mais de un e unha esta aburrido e pensando: xa fixen o puzzle que teño 5 veces, xa lle dei de comer o meu can Tobi, xa fixen os deberes que me mandaron os profes do cole, xa axudei nas tarefas de casa..... QUE FAGO AGORAAAAA!!!! Pois non vos preocupedes que as monitoras auleras veñen ao voso rescate, para pasar un ratiño divertido.
Hoxe imos facer unha manualidade que seguro que vos recorda o xogo de construccións de madeira que temos na Aula. Si, si, o que xogades na alfombra coas canicas, ese mesmo...
Para empezar, temos que revisar por casa os materiais, porque ides encontrar todo o que necesitades:
MATERIAIS QUE IMOS PRECISAR:
- Unha caixa de cartón de zapatos, botas, cereiais do almorzo, .... calquera nos vale.
- Tiras de cartón que sexan un pouquiño mais longas que o ancho da caixa.
- Papel de regalo, revistas, ou o que se vos ocorra para forrar a caixa por dentro.
- Rotuladores, por se non tendes ningunha revista, ou preferides adornar a caixa en vez de forrala.
- Cinta adhesiva.
- Pegamento en barra
- Un rolo de papel hixiénico (so o cartón)
- Tesoiras.
Seguide estes pasos que é moi sinxelo.
1.- Nunha esquina no fondo da caixa facemos un buratiño, que será a nosa porta de entrada da bola. Para esto pedide axuda a un adulto, e se coa tesoira non conseguides, que vos axuden cun cutter (fixádemos na foto do resultado).
2.- Preparamos as rampas, os rectángulos de cartón que van de lado a lado da caixa, recortando unha esquina de cada unha para que baixe a pelota, como na imaxe.
3.- Recortamos o tubo de papel hixiénico facendo un semicírculo como na foto final.
4.- Decorade o interior da caixa, as rampas, e o tubo de cartón como mais vos guste, papel de regalo, revistas.... o que teñades por casa.
5. -Agora imos montar o xogo. Temos que colocar as rampas en pendiente para que a pelota rode e baixe. O rolo de papel hixiénico vai pegado no fondo hacia unha esquina. Para pegar, se en casa os vosos pais teñen pistola de silicona moito mellor, pero se non, pois pegades as rampas con celo suxeitando as puntas nos lados da caixa.
O resultado sería este:
Agora so necesitades unha bola e a xogar. Pose ser unha canica, unha de pin pon, ou facela caseira con papel de aluminio ben apretada para que quede redondiña e rode mellor.
E para rematar imos deixarvos un par de adiviñas, a ver se conseguides resolvelas. Podedes dar a vosa resposta no facebook:
1.- Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home. ¿Que será?
2.- Úsase para comer e non é prato nin culler.
Piratiñas, xa tendes traballo para hoxe, pero non sexades trampulleiros e trampulleiras, exprimide ben a vosa cacholiña e non miredes o resultado das adiviñas en internet.
O resultado darémolo mañá.
Un saudiño e moito ánimo, que o estades facendo moi ben.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario