Bo día pirat@s!, algo está a cambiar no ambiente,
notádelo?, ainda que non poidamos sair da casa, a luz dos días é diferente, o
canto dos paxaros é máis alegre, as árboles comezan a vestirse de cores e as
flores empezan a adornar os prados e campos. Por fin chegou a primavera!
Pero vos sabedes onde tén a súa orixe? Vouvos contar un conto, abride ben as orellas e leede con atención porque
así naceu O MITO DA PRIMAVERA…..
Deméter era a deusa da
terra, da agricultura e ela foi a que decidiu o paso das estacións. Baseándose
no tempo que pasaba coa súa querida filla, Perséfone, deusa da primavera daba
paso ao verán, o verán ao outono e, para rematar, o inverno:
Houbo un tempo en que
todo o ano era primavera. A deusa Deméter proporcionaba todo o ano campos cheos
de cultivos, flores nos xardíns, árbores cheas de froitas e un sol radiante.
Pero un bo día puxo fin a aquela eterna primavera. Foi cando o deus do mundo
subterráneo, Hades, raptou á súa filla Perséfone e Deméter enfureceuse. Ocorreu
así:
Deméter camiñaba
tranquilamente por un bosque cando de súpeto oíu un grito da súa filla
Perséfone. Deméter correu a axudala pero non lle deu tempo porque cando chegou
xunto a ela, viu como Hades leváballa no seu carro cara ao seu reino
subterráneo, un lugar do que dicían non se podía saír xamais. Deméter enfadouse
moitísmo e pediu axuda ao resto dos deuses para sacar á súa filla de alí, pero
todos tíñanlle moito medo a Hades como para pedirlle explicacións.
-Pois si non me axudades a recuperar á
miña filla Perséfone, ídesvos a enterar! -dixo enfurecida Deméter.
Entón cruzouse de brazos
e deixou de traballar como deusa da natureza. Os campos secáronse, as follas
das árbores caéronse, xa non había flores nos xardíns e non deixou pasar o sol.
Ninguén tiña alimentos para comer e a xente estaba pasando fame. Así que ao
resto dos deuses non lles quedou máis remedio que actuar.
Chamaron ao deus do
mundo subterráneo, Hades, para que saíse no seu carro á superficie e entre
todos tiveron unha conversación.- Hades, tes que devolver a Perséfone - dicíanlle os deuses -porque Deméter está moi triste e non quere traballar. A xente está pasando fame e todos os campos secáronse.
- Perséfone non vai volver -dicía Hades- porque do mundo subterráneo só se pode saír co meu permiso. E ademais vive feliz comigo.
A negociación parecía difícil, pero ao final entre todos os deuses convenceron a Hades para que deixase saír a Perséfone durante seis meses ao ano. Ese tempo podía pasalo xunto á súa nai Deméter e logo volvería con el. Hades accedeu e deixou saír a Perséfone.
A alegría de Deméter ao volver ver a súa filla fixo que todo florecese de novo, os frutales, as verduras nas hortas, o trigo nos campos. Entón chegou a primavera enchéndose o mundo enteiro de cor e alegría. A primavera deu paso ao verán cando Deméter e Perséfone gozaban na praia coa calor do sol.
Pero, Perséfone tiña que
voltar pronto xunto a Hades. Cada ano, Perséfone volvía ao mundo subterráneo e
Deméter poñíase tan triste que as follas das árbores caian deixando paso ao outono.
E canto máis tempo pasaba sen a súa filla, Deméter poñíase a tiritar de frío e
así chegaba o inverno. Pero como a vida é un ciclo, finalmente, a primavera
sempre chega.
Como lembrades, os piratiñas adoitamos a decorar a nosa
Aula segundo a estación na que nos atopamos, segundo a festividade ou
acontecemento que se celebre, etc. Este ano non ía ser menos, polo que vos propoñemos que decoredes algún rincón da vosa
casa.
Ainda que estamos seguras de que tedes xa un montón de ideas
rebulindo na vosa cabeciña, nós queremos poñer tamén o noso gran de area e
deixarvos algunas ideas que podedes levar a cabo.
1. MARIPOSAS DE PAPEL PARA AS PAREDES OU TEITOS
Podedes facer unas mariposas para decorar por exemplo o
cabeceiro da vosa cama ou colgalas do teito na vosa habitación. Podedes imprimir as plantillas
que vos deixamos máis abaixo, ou debuxalas vos mesmos
MATERIAIS: plantillas de mariposas de
distintas formas; folios brancos, ceras ou rotuladores; tesoiras, blu tack/ celo (para pegar as mariposas á parede),
fio de sedal, se non tedes vale un trociño de lá.
¿COMO O FAREMOS?: podedes
imprimir os debuxos de mariposas que vos deixamos a continuación, ou debuxalas
vos mesmos nun folio. Coloreámolas, recortámolas e pegámolas por exemplo nunha
das paredes do voso cuarto, ou colgámolas do teito por onde máis vos guste.
2. MACETAS CON FLORES:
Unha manualidade sinxela é facer unhas flores e plantalas
dentro dunhas macetas que teñades pola casa. As flores podédelas facer con goma
eva ou se non tedes, podedes imprimilas plantillas que vos deixamos máis abaixo
en folios ou cartolinas, ou debuxalas vos mesm@s e pegalas nuns paus de
pinchos, depresores ou palliñas
MATERIAIS: plantillas de flores de
distintas formas, goma eva, se non tedes podedes usar folios ou cartolinas
brancas, depresores, pauciños de pinchos ou palliñas, tres macetas pequenas que
teñades pola casa e que non as vaian a utilizar os vosos papis, se non tedes
podedes reciclar uns botes de cristal, unha pouquiña terra, ceras, rotuladores,
tesoiras e celo.
¿COMO O FAREMOS?:
primeiramente faremos as flores en goma eva, como xa dixemos, se non tedes,
podedes imprimir as plantillas que vos deixamos a continuación en folios ou ben
debuxalas vos mesmos. Coloreámolas e recortámolas. Pegamos as flores nos
depresores ou palliñas con celo. Enchemos as macetas con unha pouca terra e
cravamos as flores nela, e voilà xa temos as nosas plantiñas feitas, que
podemos colocar por exemplo no alféizar dunha ventana, enriba dunha mesa no
salón, na mesa da cocina, etc.
¡UNHA IDEA! se vos animades podedes decorar as
macetas / botes de cristais, quedarán moito máis primaverais!
3. ÁRBORE, SOL E NUBES PARA OS PASILLOS
O pasillo é unha parte da casa por onde pasamos a miúdo, podedes
decoralo con cousas alegres e divertidas, como por exemplo facer unha árbore,
un sol e unhas nubes para decorar os vosos pasillos.
a) ÁRBORES
MATERIAIS: cartolina de cor marrón, verde,
ou branca, no caso de que non teñades podedes empregar papel de periódico; blu
tack / celo; tesoiras; témpera de cor verde e marrón; pegamento ou cola branca.
¿COMO O FAREMOS?:
debuxamos e recortamos a silueta dunha árbore, o tronco e a copa. No caso de
que non teñades cartolinas de cores verde ou marrón, podedes empregar cartolina branca ou papel de periódico. Unha vez debuxados a
árbore e a copa, podédelos colorear con témperas verde e marrón. Pegades con blu
tack /celo no voso rincón favorito.
b) SOL
MATERIAIS: cartolina amarela, se
tedes, se non tedes, folios, cartolina branca, ou papel de periódico, blu tack
/ celo, tesoiras, témpera de cor amarela
¿COMO O FAREMOS?: debuxamos e recortamos a
silueta dun sol, cos seus raios. Igual que na manualidade anterior, se non
tedes folios ou cartolina amarela podedes facelo en folios, cartolina branca ou
papel de periódico, e posteriormente colorealo con témpera cor amarela
c) NUBES
MATERIAIS: varios trozos de cartón de
diferentes tamaños, blu tack / celo, fío de sedal ou lá, tesoiras, témperas de
cor branca, papel de periódico, pegamento ou cola branca
¿COMO O FAREMOS?: debuxamos a silueta da nube
no cartón podedes facer varias de diferentes tamaños. Unha vez recortadas coloreadelas
con témpera branca. Mentras seca, facemos bolas co papel de periódico, de
tamaño mediano e pegámolas no cartón con pegamento ou cola, deixamos secar e
pintamola con témpera branca. As nubes podedes pegalas na parede ou colgalas do
teito
¡UNHAS IDEAS!, se
fai bo día, todos os que teñades un xardín
ou un patio podedes sair e
recoller algunhas follas e flores pequenas. Limpalas moi ben e pegalas na copa
da vosa árbore, darédeslle un aspecto máis realista.
Se preferides e para non
levar tanto traballo, podedes facer un mural e pintar nel a árboles, as nubes,
o sol, un arco da vella, e todo o que se vos ocurra, e pegar ese mural onde
máis vos guste.
4. ANIMAIS PARA DECORAR AS VENTÁS
Na primavera os animais comenzan a espertar e sair do seu
estado de hibernación. Esquíos, mouchos, coelliños etc. Asoman o seu hocico
para ulisquear as flores do campo. Outra proposta de decoración é imprimir ou
debuxar uns animais e pegalos as vosas ventás.
MATERIAIS: papel de acetato. No caso
de que non teñades, e como non é fácil de conseguir podedes empregar folios;
celo; tesoiras; ceras ou rotuladores
¿COMO O FAREMOS?: imprimimos as
plantillas dos debuxos de animais que vos deixamos a continuación ou tamén os podedes debuxar vos mesmos. Coloreámolos e recortámolos. Con eles podedes decorar por exemplo as
ventás do salón, da cociña, da habitación dos vosos papis.
ATENCIÓN! AHÍ VAN
UNS CONSELLOS!:
·
Lembrade que todas as actividades anteriores
son suxerencias, exemplos dos que sacar ideas, podedes facer o que máis vos
guste. Imaxinación ó poder!
·
É mellor empregar blu tak que o celo para
pegar nas paredes e en calquera superficie, despois resultaravos máis fácil e
limpo sacalo. Se non tedes podedes usar celo, pero que vos axuden os maiores a
facelo.
·
Non é necesario que as fagades todas, podedes
facer unha, dúas, tres….as que vos apeteza.
O que si vos pedimos é que nos gustaría que fixerades
fotos das actividades que fagades e que as subades ao Facebook da Aula. Pero
non só iso, tamén nos gustaría que comentedes qué vos están parecendo as cousas
que vos propoñemos para facer, cómo estades a pasar estes días, ou tamén
podedes proponer algún xogo, conto, manualidade, etc. para que os demáis poidan
facer nas súas casas.
Moito ánimo e Ata a próxima aventura! 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario