Bo día a tod@sssss¡¡¡
Cómo estades??? seguro que ben pero tamén é case seguro que botades de menos ir ao cole e incluso ver ás monitoras da Aula. Nós tamén vos botamos moito de menos 😥, pero recordade....UN DÍA MÁIS É UN DÍA MENOS¡¡¡
Así que moita forza, que imos saír desta¡¡
Hoxe ímosvos ensinar a facer uns xoguetiños moi sinxelos con cousiñas que case seguro, temos todos na casa. Imos aló:
- TIRACHINAS RECICLADO
Necesitamos: un globo, un cartonciño do papel hixiénico, unhas tesoiras e celo. Ahhh e un pouquiño de papel para facer o proxectil....
Collemos o globo e cortámoslle un anaquiño como vedes na foto.
Poñémolo ao redor do cartón do papel hixiénico, se tedes celo, poñédelle un pouquiño para que non se solte. Atamos o extremo por onde se infla....e xa está, tendes un tirachinas marabilloso. Facemos unha boliña con papel e listo¡ Eso sí, coidado a onde apuntades, non vaia caer na pota da comida, ou no ollo do voso/a irmá.
- TROMPO
Necesitamos: unha canica, un CD que non sirva, un tapón, unha pistola de silicona ou pegamento líquido, un folio (se non temos rotus permanentes), rotus permanentes ou dos normais, e unha tesoira.
Collemos o CD, se temos rotus permanentes decorámolo ao gusto. Se non temos rotus destes, collemos o folio, pegámolo no CD e cortamos a parte que sobre, logo pintámolo cos rotus normais.
Unha vez decorado, collemos a canica e pegámola coa silicona ou o pegamento líquido pola parte de abaixo, onde non estea pintado....
Cando acabemos, pegamos o tapón enriba da canica, será por onde agarremos o noso trompo¡
E xa está, listo para xirar¡¡¡¡
Se non temos todas estas cousas, pois non vos preocupedes que temos o TROMPO versión 2.0
Só precisamos tapóns e palillos dos dentes.....
- E por último ímosvos ensinar como se fan uns VERMIÑOS VELOCES, cos que podedes facer carreiras, a ver quen gaña
Necesitamos: uns folios, unhas tesoiras, unha regra e palliñas de beber
Cortamos unhas tiriñas no folio de 15 cm de longo por 3 cm de ancho e recortamos
Agora imos dobrando as tiriñas, á metade e cara adentro....e logo outra vez, á metade e cara adentro....
Redondeamos as puntiñas do cadradiño que nos queda cunha tesoira i estiramos.....
Pintádelle unha cariña ao verme, que se vexa que está moi ledo¡¡¡
E xa está. Podemos facer varios, e cunha palliña soplamos e facemos carreiras....que vos parece??
Hoxe fixemos xoguetes de abondo para que esteades entretidos e poidades xogar cas persoas que estean na casa con vós.
Pero tamén nos gustan moito os CONTOS, verdade? Pois hoxe atopamos este, que nos pareceu moi chulo, xa que aínda temos que ficar unhas semaniñas máis na casa....
Poñémosvos o enlace para que poidades leelo
E ata aiquí o blog de hoxe. SEDE FELICES¡¡¡ un bicoooooooooooooooo
#ospiratiñastamenquedamosnacasa
No hay comentarios:
Publicar un comentario