OS PIRATAS TAMÉN QUEDAMOS NA CASA
DÍA 5
Bo día piratiñas¡¡¡
Xa é o final da semana, aínda que non o
notemos moito porque levamos moitos días na casa, pero paciencia, QUE ISTO PASARÁ .....e mentres
tanto, ímosvos ensinar como se fai unha LANTERNA MÁXICA DE PAPEL.
Precisamos:
- -
Unha funda de plástico (de esas que
usades para meter as tarefas do cole) 😜
- -
Unha tesoira. Se empregades un cúter que sexa ca axuda de un adulto 🙈
- -
Dúas cartolinas ou folios: un
branco e outro negro
- -
Rotuladores de cores
Imos alá¡¡¡¡
- Collemos a funda e cortamos polo lado máis longo
2. Pintamos un fondo mariño cos nosos
rotuladores na funda de plástico
3. Nunha cartolina ou folio branco debuxamos
unha lanterna e deixamos un cachiño máis en branco para que faga a forma da luz
que proxecta a lanterna e recortamos
4. Xa estamos rematando. Metemos a
cartolina ou folio negro dentro da funda de plástico e imos a un sitio algo
escuro.......
- Bueno piratiñas, a estas alturas, xa sabedes porque temos que estar tod@s
na casa unhas semanas, porque
xa volo explicaron os mestres, as mamis e papis e seguramente algún adulto
máis.
Que
podemos facer?
Poisssssssssss en primeiro lugar o que xa estades facendo, e moi ben por certo 😃, que é estar na casa, e outra....pois lavarnos as
mans moi ben moi ben con auga e xabón, moitas veces ao día para non contaxiarnos e non contaxiar.
Imos facer un experimento moi
sinxelo para que comprendades o que o xabón lle fai a este virus “pesadiño”
chamado CORONAVIRUS ou COVID-19
Necesitamos:
- Un prato con auga
-
Un bote de perexil ou pementa negra (será o
noso CORONAVIRUS caseiro)
-
Un pouco de xabón dos pratos
Paso 1. Botamos o perexil ou a pementa na auga do prato. O prato é o noso corpo.
Paso 2. Metemos a puntiña do dedo enriba da
pementa ou perexil. Que pasa? Pois nada, que manchamos o dedo, pero os virus non se van. Limpamos o dedo ca agua do grifo, pero quedan restos de pementa-virus no dedo 😥
Paso 3. Agora metemos outra vez a puntiña do
dedo no xabón de fregar os pratos e poñémolo enriba da pementa. Que pasa agora?
Pois que aos virus non lle gusta nada o xabón e vanse cara os
extremos, fora do noso corpo.
Queredes velo? pois premede aquí
- E para que estruxedes algo os miolos durante a fin de semana, aquí vos deixamos un pequeno enigma.....
SE O ARPA TEN 4
O VIOLÍN TEN 6 e
A GUITARRA TEN 8
A GUITARRA TEN 8
DE QUE ESTAMOS FALANDO?
Se facedes algunha das cousiñas tan chulas que vos ensinamos, as manualidades, experimentos, etc....ou sabedes a solución aos enigmas enigmáticos que vos puxemos, colgádeo no Facebook da Aula, para que tod@s vexamos o listiños e listiñas que sodes.
Portádevos moi ben e aproveitade estes días para estar cas mamás e papás, que xa vedes...."non hai mal que por ben non veña", e podedes disfrutar e compartir con eles/as todo o tempo, que non temos o resto do ano
Vémonos mañá¡¡¡¡¡¡¡¡ 😍
No hay comentarios:
Publicar un comentario