Bo día familias,
esta semana fixemos unha morea de cousas
Tivemos un :
CAMPIONATO DE BRILÉ ⚽
Aos piratiñas da Aula gústanos sair a xogar todos xuntos, e esta semana como fixo moi bo tempo aproveitamos para xogar ao brilé, un dos xogos infantís máis populares e divertidos
Divertímonos bailando co:
JUST DANCE 👏💃💃💃💃👐
E como temos moita enerxía para facer moitas cousas, arrancámonos con unhas pezas de baile: "Os brazos cara arriba, pernas en movemento,damos uns saltiños unha reviravolta e voltamos a empezar"
JUST DANCE 👏💃💃💃💃👐
E como temos moita enerxía para facer moitas cousas, arrancámonos con unhas pezas de baile: "Os brazos cara arriba, pernas en movemento,damos uns saltiños unha reviravolta e voltamos a empezar"
Pasámolo en grande xogando ao:
XOGO DO ASASINO 🔍
Na aula pirata hai un asasino solto,chiscando un ollo os nenos caen o chan mortos de risa, as monitoras preocupadas polo aumento destes casos, chamamos a policía para resolver o misterio, a pericia do policía fixo posible que o asasino fose capturado.
Coñecimos a historia dun cadradiño no:
CONTACONTOS 📖 📖 📖
E para relaxarse nada mellor que sentarse arredor dun bo conto, " Por cuatro esquinas de nada", unha historia sinxela e bonita que fala da aceptación, da superación e da autoestima.
Soupemos máis cousas sobre:
O VIRUS CORONAVIRUS 🏥
Na Aula tamén as veces toca poñerse serios, esta semana, e debido a todo o que está acontecendo en relación co coroavirus, as monitoras quixemos dar unha breve información aos nen@s sobre este virus.
Que é? cómo evoluciona? os seus síntomas, precaucións e medidas de hixiene a adoptar, etc.
todo dun xeito lúdico e sinxelo.
E no tempo libre tamén tivemos tempo para o
XOGO LIBRE 🎳
Entre actividade e actividade, como contrapunto as actividades dirixidas, os nen@s da Aula tiveron tempo para relacionarse entre eles, elixir a qué xogar, con quen xogar, establecer as súas propias normas, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario