martes, 8 de julio de 2025

AVISO PRAZO INSCRICIÓN CONCILIA CURSO 2025-26

AVISO  

INSCRICIÓN   AULA CONCILIA

CURSO ESCOLAR 2025/2026

 

O Concello do Pereiro de Aguiar ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro curso 2025/26. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de rexistro do concello ou a través da sede electrónica.

 

Prazo de inscrición

 

do 10 de xullo ao 14 de agosto

Listaxe provisional

 

26 de agosto

Prazo de subsanación de erros

 

do 26 de agosto ao 30 de agosto

Listaxe definitiva

 

4 de setembro

As listaxes serán enviadas persoalmente ao correo electrónico indicado na inscrición.

Requisitos imprescindibles:

 

· Que os proxenitores se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

· Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar, ou que o /a neno/a estea matriculado/a no CEIP “Benchoshey”.

 

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR

 

1. Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata)  Deberase cubrir unha solicitude por cada neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.

2. Copia do DNI do/a pai/nai solicitante

3. Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.

4. Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral (aceptaranse os que teñan unha antigüidade non superior ao mes de maio de 2025).

5. Declaración IRPF do ano 2024, de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).

6. Vida laboral de ambos proxenitores (páxinas 1 e 2), corpos especiais: documentación acreditativa da situación en activo, ou similar.

a. Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

1. No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

 

No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares dependentes, aportando a debida acreditación documental.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario