lunes, 30 de marzo de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 13


Bo día a amiguiños!
A maioría de vos seguramente tedes ou coñecedes a alguén que teña unha horta. Estamos seguras que en máis dunha ocasión axudastes a plantar sementes, cavar na terra ou regar as prantas.
Unha minihorta supón pola vosa parte un compromiso para ser responsables, coidadosos e constantes, soamente vos pedidmos que lle poñades moitas ganas, ilusión e voluntad.
A nosa proposta para que fagades vai ser unha Minihorta. Esta actividad é máis divertida se a facedes coas vosas familias.
Para montar unha minihorta na casa é necesario:
 
  1. Unha Caixa de madeira ou plástico (como as da froitería por exemplo) ou de mimbre, ou calquera outro recipiente como: unhas macetas grandes, unha garrafa de plástico, se pode ser grande, etc. Se sodes afortunados e tedes na vosa casa unha horta ou xardín, podedes pedirlle aos papis que vos deixen un anaquiño para vos.
  2. Plástico para forrar
  3. Unha pala pequena e un rastrillo
  4. Unha regadeira (ou calquera obxeto no que transportar auga, pode ser unha botella, unha xarra que non utilicedes, etc.)
  5. Terra
  6. Sementes de hortalizas, legumes ou plantas aromáticas (ou o que teñades pola casa).
¿E se non tedes semente?: non pasa nada, seguramente tedes na casa  tomates, pementos, calabacíns, cabazas. Todas estas hortalizas gardan no seu interior unhas semillas que podedes sacar, limpar e deixar secar ó sol, de vez en cando dádelle a volta para que sequen polo outro lado. Unha vez secas xa as podedes utilizar.
  1. Guantes
Unha maneira de facer a minihorta pode ser da seguinte maneira:
1º Paso. Para empezar a montar a minihorta, o primeiro é poñer uns guantes, e buscar o lugar onde irá o vosa horta, aconsellámosvos que sexa un lugar onde reciba moita luz solar durante algunhas horas.
2º Paso. O seguinte paso é limpar ben a caixa, limar os bordes si é necesario para que non vos vaiades a facer dano. Forraremos a caixa con plástico e fixarémolo ó fondo da caixa con grapas. Aconsellámosvos que lle fagades uns buratiños na parte de abaixo para asegurarvos de que a auga que sobra de regala non se acumule nas raíces e poida pudrir a planta. Por último, rechearemos a Caixa con unha capa grosa de terra
3º Paso. É o momento de botar as sementes na terra, podedes facer surcos e ir botando en cada un ou dous, diferentes sementes. Para identificar o que sementastes en cada un, podedes facer uns letreiros e escribir o nome da hortaliza, verdura ou planta correspondente (vouvos contar un segredo, eso farémola un chisquiño máis tarde) cubride con unha pouca terra as semillas e a regar.

Foto:  www.lavozdetarija.com/tag/huerta/

Foto: culturadeco.com/2018/09/11/huertos-urbanos


 Uns Consellos:  
  •   Se optades por facer a minihorta en macetas, nunha caixa, ou noutro recipiente, vai requirir maior rego que si estivese en terra aberta.
  •   Agora só queda controlar o rego e a presenza de bichiños, e esperar a que a nosa minihorta nos de algún sinal de vida e empecen a brotar as hortalizas.
  •   Se sembrades lentellas, poñede as sementes en remollo a noite anterior para que crezan con forza. Mete as lentellas humedecidas na terra un par de centímetros. Nuns días veredes como van crecendo.
Agora que xa temos a nosa minihorta feita, é o momento de darlle o noso toque persoal, orixinal e primaveiral. Ahí van unhas ideas:
  • Podedes decorar a vosa caixa con debuxos, ou tamén podedes pintala de cores.
  • Para poder identificar o que hai sementado, podedes facer uns carteliños.
  • E para que os paxaros non vos coman as sementes, pódese facer un miniespantapáxaros, que cravaremos na terra.
Carteis identificadores


Foto: www.the microgardener.com
  •   Cartolinas de cores
  •   Rotuladores de cores
  • Lápiz e goma de borrar
  •   Depresores ou pauciños de pinchos morunos
  •   Celo
Debuxamos na cartolina a hortaliza, ou a verdura que sementastes na vosa horta, coloreádea, recortádea, pegádea con celo ao pau de pincho moruno, ou o depresor.
Tamén podedes recortamos uns trociños de cartolinas de distintas cores, e escribir nelas os nomes das plantas que hai sementadas. Decoramos os leteriros e pegámolos con celo no pau. Cravamos os paus na nosa minihorta

Miniespantapáxaros

 
Foto:  http://blogelartedeeducar.blogspot.com

  •   Goma eva de cores (se non tedes servirán cartolinas)
  •   Pauciños de pinchos morunos ou depresores
  •   Forro adhesivo
  •   tesoiras
  •   Celo
  •   Pegamento ou cola
Recortamos as partes do noso espantapáxaros; sombreiro, corpo, cara. Recortamos tiras pequeñas e estreitas de goma eva amarela, que serán o cabelo as mans e o cuello. Debuxamos a cara do espantallo con rotuladores. Pegamos todas as partes, e seguidamente pegámolo todo ao pau con celo ou cola, para poder cravalo na terra.
Se o facedes en cartolinas, aconsellámosvos que si podedes o plastifiquedes xa que asi duraravos máis.

Ademáis do espantapáxaros, podedes facer outros adornos para a vosa minihorta: unhas abellas, uns molinos de vento, unhas xoaniñas feitas con plastilina, que podedes deixar enriba da terra, etc.

¡todo o que imaxinedes podédelo facer !

Levamos xa dúas semanas sen poder sair da casa polo que imaxinamos que as veces vos sentiredes cansos, aburridos, e quizáis tedes momentos en que esteades enfadados ou tristes. Queremos verbos rir a gargalladas, estar alegres e contentos. Que vos parece se facemos un maratón de chistes.
Sabemos o moito que vos gusta contar chistes, e que o facedes superben. Asique, pedídelle a algún adulto que vos grabe contando un chiste ou dous, e subídeos ó noso Facebook.

 ¡¡xa estamos impacientes!!

  
¡ATENCIÓN PIRATIÑAS!: Precisamos que vaiades gardando rolos de papel hixiénico e de cociña, porque os ides necesitar para máis adiante, ainda que de momento non podemos desvelar para que, ¡grazas!











No hay comentarios:

Publicar un comentario