Hoxe imos facer unha manualidade-xogo en familia 💟
Queremos aproveitar para animarvos a que subades fotos das actividades que ides facendo e nos etiquetedes, porque así nestos días que estamos na casa, polo menos mantemos un contacto cibernético jajaja
A manualidade para hoxe trátase de……….. OS DADOS DAS HISTORIAS MÁXICAS co cal podemos ademáis de pasar un rato divertido, exercitar a nosa imaxinación e evadirnos un pouco da realidade que nos rodea nestos días.
Pois imos aló grumetes, que entre todos será máis fácil chegar ao momento de abrazarnos de novo!!! 💪💪
➽ MATERIAIS NECESARIOS:
5 Folios ou cartolinas pequenas ( non importa de que cor)
1 Lápiz
1 Regra
1 Tesoira
1 Barra de pegamento
Lápices de cores ou rotus o que prefirade
Unha morea de imaxinación
➽ COMECEMOS LOGO.....
1. Antes de nada temos que facer os dados, faremos 5 para que xogo despois sexa algo máis complicado, pero si queredes, facede algún menos para os piratiñas máis pequenos.
De cada folio faremos un dado de origami, deixovos unhas fotos e un enlace para que vexades como se fan, ainda que moitos dos nosos grumetes xa os fixeron pero igual non recordan ben os pasos.
- As medidas son de 5x5 cm cada cadrado pero podedes varialo se vos gusta máis grande ou máis pequeno.
Aquí vos deixamos o enlace para que o vexades montado: https://youtu.be/OMRokt3cmK8
2. En cada cadrado NON lle vamos a facer números, senon que lle faremos un debuxo que a nós nos guste, unha persoa, un sol, un corazón, unha carita sorrinte, triste, chorando da risa... todo o que se vos ocurra pero MOI IMPORTANTE só un debuxo por cada cara do dado.
Temos que espremer moito a nosa cabeciña porque en cada lado dos 5 dados ten que haber debuxos diferentes. (osea… teremos un total de 30 debuxos)
Podedes pintalos como máis vos guste, todo depende de vós.... 😎
Esto sería un exemplo……………..
3. Recortamos polas liñas e dobramos, unha vez dobrado botamos pegamento nas pestañas que teñen os cadrados do centro e montamos o cubo quedando a forma do dado.
AGORA XA SÓ QUEDA...XOGAR E IMAXINAR HISTORIAS!!!!!!!!!
En qué consiste o xogo que vos propoñemos hoxe?? ahí vos vai……..
➽ Tirade os 5 dados ó aire, cada un, ó caer, mostraranos un debuxo, pois moi ben, agora tócavos imaxinar unha historia na que participe cada un dos debuxos que vos apareceron nos dados.
Retade ós vosos irmáns, país, nais… a ver quen é capaz de imaxinar a historia máis orixinal de todos os tempos!!!!
RECORDADE...ETIQUETÁDENOS NAS VOSAS HISTORIAS NO FACEBOOK PARA QUE TOD@S PODAMOS DISFRUTAR DA VOSA IMAXINACIÓN!!!!
UNHA APERTA PIRATIÑAS!!!
#ospiratiñastamenquedamosnacasa
#ospiratiñastamenquedamosnacasa
😘😘😘😘😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario