Hoxe por ser fin de semana, ímosvos propor un par de xogos faciliños de pór en marcha e unha manualidade que seguro que máis de un e de unha xa coñece.
Pero antes de nada lembrade que as que estamos aqui, detrás da pantalliña, tamén estaríamos súper agradecidas que nos mostrárades as vosas obras de arte e os xogos que vós propomos vía Facebook: con etiquetarnos xa nos vale para vérvos!!!!😊
Pois para comezar, imos mover o corpiño e practicar a nosa elasticidade e o noso equilibrio. Que saibades que para surcar os mares fai falta estar en boa forma! Aquí no Pereiro a maioría temos un xardinciño ou un patio particular, pero cando chove non queda outra que quedar dentro da casiña. Estes xogos son ideais para un lugar pechado, aínda que tamén os poderedes facer no voso patio, entre dúas árbores ou onde vexades. Comezamos???
Para o primeiro xogo imos necesitar:
- corda, cordel, lazo, lá...o que vexades que teñades por casa.
- Cinta de carroceiro ou celo do de toda a vida.
No noso caso aproveitamos o corredor e fumos enganchando a corda dun lado ao outro, tal que así:
O segundo xogo tamén é xogo de corredor, xa veredes. Para facelo imos necesitar:
- Revistas ou xornais vellos
- Tesoiras
- Cinta de carroceiro ou celo
Pegamos ao chan mans e pés coa cinta de carroceiro e xa temos unha super pista, así como vedes na foto.
Unha vez que temos acabado o noso circuito toca retarnos, pode ser cronometrando ou simplesmente tratar de facelo sen caer, na nosa casa fixémolos todos, e aínda segue pegado, así cada vez que saímos ou entramos do patio brincamos un chisco😉
E agora que xa movemos ben o esquelete toca un pouco de descanso e exercitar as mauciñas, moi importante para un/ha pirata (hai que ser rápido/a desenfundando a espada!). Coñecedes a pasta de sal? Pois si non a coñecedes aínda, sabede que é un recurso moi chulo para pasar o tempo e deixar voar a imaxinación; ademáis o de amasar desestresa moitísimo!!!!
Imos necesitar:
- 4 ou 5 culleradas grandes e cheas de fariña
- 2 ou 3 culleradas de café de sal fino
- Auga
- Para colorir a masa podedes usar colorante alimentario, témperas ou deixar que endureza e decorala con rotus de cores.
Como se fai?? Moi fácil. Botamos a fariña e o sal nun bol e pouquiño a pouquiño imos botando auga, até conseguirmos unha masa que non quede pegada nos dedos. Unha vez que xa a temos, deixamos voar a nosa imaxinación.
No noso caso, partimos a masa e varios anacos e botámoslles unhas gotiñas de colorante a cada un deles.
Fixemos, boliñas para unha pulseira, un imán en forma de arco da vella, un corazón para facer un colgante e un embelecedor para lápis. Mirade que bonitos.
* Para que endureza a pasta podedes experimentar dúas cousas:
- Deixar que seque ao aire. Se o ambiente está húmido tarda algo, se hai caloriña en dous días debería estar.
- Metela no forno a unha temperatura de entre 100-120º e ir mirando cada pouquiño que non se nos queime.
E ata aqui as actividades que vos propomos dende a aula!!! Saúdo e forza piratas e deica a vista!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario