Bo día a tod@s!!!!!
Que tal estades despois de estos días de desconexión??
Por aquí non paramos nada de nada, foron uns días de paseos, diversión, manualidades, xogos a moreas.... Seguide lendo e xa veredes todo o que fixemos!!!
Comezamos a semana viaxando.... Pero tranquilos 😌, que quedamos cerquiña do cole... fomos a CACHAMUIÑA camiñando, tod@s se portaron como auténticos exploradores, e decimos exploradores porque tiveron que resolver o misterio das fotos agochadas!!
Mentres os maiores corrían na busca das fotos, os máis pequenos foron polo camiño encontrando as follas do conto "o coello de pascua", pero ao chegar o encoro, o que se atoparon no parque novo, foron moreas de ovos de cores!!!! Como ben imaxinaredes encantáronlles claro!! jajaja
E cambiando de terreo de xogo... quen de vós sería capaz de acertar a idade dos famosos 👳👲👱👸??
Pois siiiii!! os nosos grumetes foron capaces de acertalos todiñosssss!!!
E, como acertar famosos da moita fame... Pois marchamos merendar á casa do garda que tanto nos gusta, ou máis ben o que cremos que lles gustan, son as pedras e subirse a elas!! jajaja
Como podedes ver, encántanos andar por fóra do cole entón pois....
XOGOS NO PARQUE DO BEN CHO SHEY
Os maiores estiveron facendo unhas probas moi complicadas pero coma sempre souberon resolvelas xenial!!!
E si os maiores estaban entretidos resolvendo probas, os peques escapaban dun tiburón que asaltaba a súa illa ainda que podedes estar tranquilos porque os nosos peques poden con eso e moito máis!!!
E como o tiburón marchou enseguida da nosa illa, decidimos xogar o xogo dos aros pero estos eran super chulos porque estaban pintados por nós!!!
Ademáis de xogos e paseos pola Chaira e o encoro, quedounos tempo para facer moitas manualidades que como ben saberedes foron OBRADOIROS DE PASCUA!!!
🐣 POSTAIS MOLONAS
🐦 PAXARIÑOS DE LÁ
🐰 O COELLIÑO CON SORPRESA
Lemos o conto "10 gatiñas viaxeiras" pero dunha maneira moi divertida porque sabedes que?? despois tivemos que encontrar as gatiñas que andaban de viaxe polo cole adiante, menos mal que as encontramos antes de que se perderan 😌 jajaja
E como guinda para esta gran semana, fixemos unha BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA!!!
canto se esmeraron para encontralos todos e despois poder comelos!!!
Esperamos que tod@s @s nos@s grumetes o pasaran tan ben coma nós!!!
Vémonos moi prontoooo!!!
💛💛💛💛💛
No hay comentarios:
Publicar un comentario