viernes, 16 de abril de 2021

Semana do 12 ao 16 de Abril

 

Boas familias¡¡¡¡

Invitámosvos unha semana máis a pasar e ver todo o que fixeron @s cativ@s na Aula.

@s pequen@s foron a dar un paseo polos arredores do cole, que lles encanta e estiveron xogando cas PULGAS SALTARINAS.


@s maiores foron de ruta pola Chaira ou máis ben de SAFARI, porque atoparon lagartixas pero eran tan grandes que parecían dinosaurios¡¡¡ e cágados nos charquiños.....






Pensástedes algunha vez... "DE QUÉ COLOR SERÁ UN BESO?". Vos sabedes de que cor son??
Pois esperade, porque despois de ler este conto os minipiratiñas, estiveron de investigadores, atoparon as pistas e por fin conseguiron saber de que cores son. Así que preguntádelle, preguntádelle¡¡¡




Como somos algo despistad@s e para evitar sustos, fixemos uns CHAVEIROS ben simpáticos e moi personais, xa que cada un escolleu o motivo que máis lles gustaba: tartarugas, porquiños, morcegos, xoaniñas.

Contámosvos un segredo?? 🙈ata as monitoras  fixemos un... ou dous, porque están chulísimos¡¡¡¡





O martes foi o DÍA DOBICO e na Aula celebrámolo dun xeito especial.

QUE GANAS DE PODER DAR E REGALAR BICOS A DISCRECIÓN¡¡¡¡ pero mentras tanto, aquí vai a nosa pequena demostración do ambiente amigable que se respira c@s nos@s piratiñas.


@s mais maiores fixeron os BICOS VERMELLOS para agasallar a súa persoa especial.





Temos varias versións de bicos, porque xa sabedes que poden ser de moitos xeitos, así que aquí vai outra¡¡


                 

E para non esquecer que estamos na primavera, estas BOLBORETAS viñeron a recordárnolo.

                           
Como xa sabemos as bolboretas adoran as flores, aquí deixamos unha preciosa selección de FLORES que medraron esta semana na aula.







Esta semana, tampouco nos esquecemos dos xogos de toda a vida (puzzles, quen son?, o dentista e moitos máis).









                                           



Tamén é certo, que á nosa cativada si hai unha cousa que lles gusta é o solciño de primavera, e aproveitan todo o que poden, neste caso, cunha merendiña ao sol.


O día 15 foi o DÍA DA ARTE e, e outra cousa non sabemos, pero arte aquí hai a montes e moreas.





E rematamos as actividades cun xogo que esta triunfando entre @s piratas da Aula, o XOGO DAS IDADES. Seríades capaces de decirnos cantos anos teñen as supermonitoras??? ☺☺😉




E por último deixámosvos este vídeo dalgúns d@s piratiñas, porque estamos moi orgullosas de TOD@S @s nos@s raparig@s, que nos regalaron todos os bicos que teñen gardados dende fai mais dun ano. Eso sí, respectando sempre as medidas COVID.






Despedímonos ata a semana que ven, onde coma sempre haberá MÁIS E MELLOR¡¡¡ Pasade unha boa fin de semana¡¡¡ 





 



No hay comentarios:

Publicar un comentario