AVISO
INSCRICIÓN
AULA CONCILIA
CURSO ESCOLAR 2026/2027
O Concello do Pereiro de Aguiar
ten previsto seguir co Programa de Conciliación (Aula Concilia) o vindeiro
curso 2026/27. Poderán acceder a el aquelas familias que, tendo fillos/as en
idade escolar, entre 3 e 12 anos, necesiten compatibilizar os seus horarios
laborais e familiares. As solicitudes poderanse presentar nas oficinas de
rexistro do concello ou a través da sede electrónica.
|
Prazo de inscrición |
do 10 de xullo ao 14 de agosto |
|
Listaxe provisional |
26 de agosto |
|
Prazo de subsanación de erros |
do 26 de agosto ao 30 de agosto |
|
Listaxe definitiva |
4 de setembro |
Requisitos
imprescindibles:
- Que os proxenitores se
atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado
dos seus fillos/as.
- Que o/a proxenitor/a
solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do
Pereiro de Aguiar, ou que o /a neno/a estea matriculado/a no CEIP
“Benchoshey”.
DOCUMENTACIÓN A
ENTREGAR
- Solicitude cumprimentada e asinada (poderán
descargala da páxina web do concello ou do blog da aula pirata) Deberase cubrir unha solicitude por cada
neno/a, o resto documentación común non necesita ir por duplicado.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante
- Copia da tarxeta sanitaria de cada neno/a.
- Certificado/s de empresa,
dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral (aceptaranse os
que teñan unha antigüidade non superior ao mes de maio de 2026).
- Declaración IRPF do ano 2025,
de ambos proxenitores, ou certificado de non tela presentada (negativo de
facenda).
- Vida laboral de ambos
proxenitores (páxinas 1 e 2), corpos especiais: documentación acreditativa
da situación en activo, ou similar.
- Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento
da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
- No caso de familias monoparentais:
acreditación correspondente.
No caso de que quedaran prazas sen cubrir, de forma excepcional, poderían
solicitar o servizo aquelas familias que tiveran necesidade de conciliación por
motivos laborais esporádicos, de formación, ou por ter a cargo familiares
dependentes, aportando a debida acreditación documental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario