viernes, 9 de abril de 2021

SEMANA DO 6 Ó 9 DE ABRIL



Boas familias!!!

Despois de disfrutar duns días de merecido descanso, voltamos coas pilas recargadas e moitas ganas de xogar.

Nas mañás creamos a "LEGO CITY", unha intensa mañá de arquitectura e creación que nos deu grandes obras de inxeñería. 




Houbo tempo para colaborar na creación dun xogo da oca xigante,



e  tempo para disfrutar con xogos,



E mentras uns creaban e outros xogaban ... os máis cativos adicaban o tempo a unha intensa labor de espionaxe! 😝





E como poderedes comprobar, a recén estreada primavera sorprendeunos coa chegada á Aula de bolboretas de todas as especies!!

  • As parnasiinae..




       



  • As Pollyumantus  Ícarus...

  • E as Ornitopethoptera Alexandrae, máis coñecidas como piriposas pinzae 😄


                           




E como tivemos unhas tardes tan soleadas, non desaproveitamos a ocasión para ir a xogar ó monte. Non hai cousa mellor que adicarlle un bo rato ó xogo do ¿ QUÉN SON EU? neste entorno tan estupendo. 



               






Para rematar a semana, e cumprindo co refraneiro "En abril augas mil" unha espectacular tormenta sorprendeunos o venres, así que como non hai mal que por ben non veña, unha divertida sesión de cine amenizou esta tarde de auga!

E con isto rematamos a semana. Agardamos por vós a semana que ven para contarvos como seguimos disfrutando desta estación tan colorida...  Cóidensenos moito!! 😘


No hay comentarios:

Publicar un comentario