viernes, 30 de abril de 2021

Semana do 26 ao 30 de abril.


 Boas, familias!!!!!

    Estamos a rematar o mes de Abril e, como ben di o dito, "En Abril, augas mil". Tivemos algúns días pasadiños por auga pero esto non nos impediu divertirnos e aproveitamos ben as ocacións nas que saiu o solcete.

    E como algún día nos atopamos con todo mollado pola choiva, alá nos montamos un circuito para os máis peques. Temos que decir que están feitos uns campeóns na arte dos saltos, do equilibrio e do enceste 😉


  







    Os maiores adicaron a sesión á danza e ao cante. Non teñen nadiña que envidiar aos bailaríns profesionais. 





Como non todo vai a ser actividade física, os peques tamén lle adicaron tempo a loitar nunha épica balla batalla naval.
Tocado e afundido 🚢🚤🚢🚤


 As mañán tamén se prestan para moitos outros xogos. Aquí tendes aos rapaces e rapazas xogando ao TABÚ, o DEBUXO NAS COSTAS e ao REVOLTO DE PALABRAS.






     E con tanta actividade que teñen habitualmente, decidimos adicar unha sesión intensiva de ioga-conto. Dende os máis cativos ata os máis maiores deron a talla na actividade. 


                  

    Como xa vos contamos, pese a un comezo de semana chuvioso. as tardes comezaron a ser idóneas para as saídas, así que collemos as gorras e marchamos a chaira a buscar ramiñas, follas, carozos... para protexer a uns oviños cos que fixemos un  experimento; tiralos ao chan sen que se rompesen. 




   

 


    E como non podía ser doutra forma... proba superada e con nota!!!!! Os ovos quedaron intactos tras petar co chan. Non tiveron tanta sorte unha vez que lle quitamos a protección, pois os cativos e cativas esnaquizaron todos e comprobamos que sí se podían escachar cunha boa caída ou golpe. 

E por fin rematamos esta semana tan axetreada.....


    Na mañá animámonos cun contacontos: "A VIAXE DAS BOLBORETAS". 


Primeiro fixémoslle o magnífico decorado para escenificar o conto. Quedoulles precioso. 

E finalmente, os máis cativos e cativas disfrutaron da historia do vermiño que, tras unha longa viaxe e moitos sustos con outros animaliños, transformouse nunha fermosa bolboreta.


  



 E xa na tarde, voltamos a sacar a vena artísticq e puxémonos en acción cun xogo de movemento: "O baile do vampiro". 

     Finalmente, e tras tanta actividade, caemos rendidos, pois tievemos unha longa semana de cole e Aula. Así que lle adicamos un tempiño a facer algo de "relax" co xogo da pesca, lectura, pintura con xiz ou xogo con carretilla, pas e cubos.

 

 

       Agardamos que teñades unha fin de semana estupenda e voltaremos con máis novas a próxima semana.  




No hay comentarios:

Publicar un comentario