viernes, 26 de marzo de 2021

Semana do 22 ao 26 de marzo

Boas tardes familias cibernauticas.

Rematamos outra semana chea de traballiños, que eles fixeron con moita ledicia. A verdade é que da gusto velos disfrutar xogando, tendo en conta todo o ano que levamos vivido e as limitacións que teñen que ter (sen abrazos, sen compartir, sen xogar con todos os seus amiguiños...).

Fixeron un Gran xogo da oca, no que teñen que ir superando probas para poder chegar á meta. 

Lanzamento de zapatillas:


Debuxo do corpo humano por separado:

Levar un globo nas costas sen que caia:

Construir a torre máis orixinal:
Saltar á pata coxa e facer unha figura con follas:


Ata se atreveron a facer a coreografía dunha famosa canción, pero non pensedes que é Maluma, nin Becky G ou Aitana.... non, non.... era de Los del Río: a inconfundible Macarena. 


Temos uns e unhas piratiñas  moi traballadores e limpos, así que sempre nos axudan a recoller, mirade que xeitiño lle dan:



Encántanlle os xogos de mesa, así que xogaron ó virus, parchís, o mentiroso, as preguntas e respostas do mundo (que parece moi doado pero é dificilíiiiiiiiisimo) ...










Como lles gusta tanto á area cinética probamos a facer unha pouca, eso sí, quedamos todos pitufos, de cor azul. Se queredes facela en casa: 500gr de area (seca e o máis fina posible), 2 culleradas e media de maizena, 1/4 vaso de auga, media cullerada de fairy e para darlle cor usade ou tiza raiada, ou colorante alimentario (que xa vistes que manchou as mans), ou pintura de dedo. Remexemos e voilá.







Como a area estaba ainda húmida para xogar con ela, sairon disfrutar da que temos ó lado do cole. 



Mirade que bonitos quedaron estes hama beads, son moi divertidos. Algúns fixeron chaveiros e outros imáns para a neveira, pero o importante e que lles encanta ver como quedan despois de pasarlle o ferro. 




Sabedes que xa chegou a primavera?? Pois para celebralo, saíros recolectar flores pola Chaira, que despois prensaron. E non pensedes que  tardamos 2 anos esperando, non, non.... en 2 días xa estaban listas para usar. 





E para usar as nosas marabillosas flores prensadas, remangáronse e "cociñaron" pasta de sal, que deixaron secar e despois pintaron e pegaron as flores. Quedáronlle moi chuliños os chaveiros, colgantes e figuriñas para adornar. 




Pintaron o mural da primavera, encántalle ser creativos e cun pouco de pintura e unha esponxa fan unha obra de arte que xa lle gustaría a Picasso ser tan bo. Ademáis usaron as súas mans e pés, así que fai ó mural aínda máis valioso.






e pegaron boliñas na primavera para que sexa máis colorida....






Buscaron pola chaira unhas cousiñas que se nos perderon... menos mal que os temos a eles para atopalas, se non xa quedabamos sen elas, jejeje. Son mellores que o Inspector Gadget.


Mirade que ben o pasan cun simple globo, para que vexades que con pouca cousa se pode ser feliz. 




Pasade moi boa semana santa, disfrutade a tope, pero sempre con SENTIDIÑO.


                                            ❤ ❤ ❤ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario