miércoles, 27 de julio de 2016

Que ben o pasamos!!!!!

Amiguiños, os piratiñas comezamos a semana viaxando polo tempo da man de Lito, membro do Centro de Cultura Popular " Xaquín Lorenzo", unha entidade que entre outras moitas cousas da a coñecer a nosa cultura popular. Como vos dicíamos viaxamos a un tempo onde se facían xoguetes sen teclas nin pantallas táctiles, senón con cousas máis sinxelas como canas, madeiras, palliñas, papeis...


















Nesta viaxe no tempo, tamén aprendimos xogos musicados con palmas, pasos e voltas e reviravoltas e risas....









Pero aquí non acabou a cousa, tamén coñecimos ós enredos dos nosos avós e bisavós. Cando non estaban na escola ou ocupados noutras tarefas,  xogaban a rá, os zancos, a peonza ... e sabedes? os piratiñas son auténticos profesionais destes xogos.












!Grazas a Lito e o Centro Xaquín Lorenzo por facernos pasar uns días tan divertidos e entretidos!
Pero non todo foi xogar e bailar, na Aula Pirata tamén traballamos, e cómo! manualidades, contacontos, xogos.
Comezamos viaxando no tempo e rematamos a semana facendo unha escapadiña ó encoro de Cachamuíña. Alí merendamos, exploramos, xogamos as estatuas, o brilé ...




























No hay comentarios:

Publicar un comentario