lunes, 11 de julio de 2016

Fixemos moitas cousas

Ola a todas e todos. Temos feito tantas cousas que non sabemos por onde empezar!!!!!!. A semana pasada visitáronnos os GES de Pereiro de Aguiar e gracias a eles xa somos uns expertos se temos 1 emerxencia. Sabedes a que número temos que chamar?: o 112.
Ata nos probamos o casco de bombeiro, parecíamos uns Power Ranger. E tocamos a serea do coche.
Moitas gracias os fabulosos bombeiros pola labor que fan na extinción dos lumes e por ser tan pacientes cos nosos/as piratiñas.












Tanto falar de lume, de incendios e de auga, entrounos unha calooooooor. Así que o mércores decidimos ir a piscina a darnos un chapuzón (a pesar das nubes que nos asustaron un pouco). Se ata fixemos algunha coreografía moi molona.

















Como nos gusta moito competir fixemos xogos de equipos, pero xa sabedes mamás e papás, o importante non e gañar ou perder, se non participar, e sobre todo PASALO PIPA.







 
 

Ademáis fixemos unha chea de manualidades: pintamos macarróns para pulseiras, fixemos unha ra, bonecos con serpentinas, unha canasta para encestar... e algunha máis. Como vedes os/as vosos/as fillos/as son moooooooi traballadores.









1 comentario:

  1. Muchas gracias por todo!! Luna esta encantada con vosotras!

    ResponderEliminar