Nesta viaxe no tempo, tamén aprendimos xogos musicados con palmas, pasos e voltas e reviravoltas e risas....
Pero aquí non acabou a cousa, tamén coñecimos ós enredos dos nosos avós e bisavós. Cando non estaban na escola ou ocupados noutras tarefas, xogaban a rá, os zancos, a peonza ... e sabedes? os piratiñas son auténticos profesionais destes xogos.
!Grazas a Lito e o Centro Xaquín Lorenzo por facernos pasar uns días tan divertidos e entretidos!
Pero non todo foi xogar e bailar, na Aula Pirata tamén traballamos, e cómo! manualidades, contacontos, xogos.
Comezamos viaxando no tempo e rematamos a semana facendo unha escapadiña ó encoro de Cachamuíña. Alí merendamos, exploramos, xogamos as estatuas, o brilé ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario