jueves, 4 de mayo de 2023

Aviso Aula Concilia verán 2023

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CONCILIA VERÁN” 2023 

Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica.

Prazo de entrega: do 15 de Maio ao 2 de Xuño

Publicación das listas provisonais de admitidos: 12 de Xuño

Prazo subsanación de erros: do 12 ao 14 de Xuño

Publicación das lista definitivas: 15 de xuño


 Requisitos imprescindibles:

·         Ser pai/nai  traballador/a “EN ACTIVO” con fillos/as de 3 a 12 anos. Nenos e nenas nados entre o 2.011 e 2.019 (cursando actualmente 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria).

·         Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.

 

·         Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.

 

·         OBRIGATORIAMENTE DEIXARANSE 2 SEMANAS COMO MÍNIMO SEN UTILIZAR O SERVIZO

  

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR


1.            Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello www.concellopereiro.com ou neste enlace)

2.            Copia do DNI do/a solicitante

3.            Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.

4.            Certificado/s de empresa, dos dous proxenitores, no/s que figure o horario laboral.

5.            Declaración IRPF do ano 2021, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).

6.            Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.

a.            Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.

7.            No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.

 O número de prazas ofertadas é de 75 e serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2021, ata 6,5 veces o IPREM).

Tfno. de información 988 25 93 85

No Pereiro de Aguiar, 2 de Maio de 2023

O alcalde

Luis Menor Pérez


No hay comentarios:

Publicar un comentario