Coñecimos tamén o señor alcalde, Don Eliseo Fernández e o señor secretario, Don Plácido Álvarez,
todos eles adicáronnos uns minutiños e responderon amablemente as preguntas que fixeron os nosos piratiñas, moitas delas moi interesantes como: tramitar licencias para facer piscinas, cursos de formación que oferta o Concello, orientación laboral, qué facer cando un veciño ten árbores que invaden a propiedade privada, pedir certificados de empadroamento, etc.
Foi unha visita moi agradable e nela aprendimos moitas cousas sobre o funcionamento do noso Concello.
¡¡ Grazas a todos pola vosa amable atención!!
Pero non pensedes que aquí rematamos ¡non!, repuxemos forzas merendando no parque e despois puxémonos en marcha para a búsqueda do tesouro escondido.
Ainda nos esperan moitas máis aventuras piratiñas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario