“AULA
CONCILIA CURSO 2016-2017”
ÁBRESE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO Á “AULA
CONCILIA” (Para usuarios
que necesiten facer uso continuado da mesma durante o curso 2016-2017)
Lugar de entrega das solicitudes:
Rexistro das Oficinas Municipais.
Prazo de entrega: comezará o 18
de agosto e rematará o 1 de setembro.
Publicación das listas de admitidos por orde de inscrición: o 5 de setembro
no blog da aula .
Prazo de subsanación de erros: do 5 ao 7 de setembro.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Ficha de inscrición debidamente cumprimentada.
- Copia do DNI do/a pai/nai solicitante.
- Copia da tarxeta sanitaria d@ menor.
- Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous
proxenitores.
- Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en
activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
5.1.
Os Autónomos: Recibo do último
mes de pagamento da cuota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
6. No caso de
familias monoparentais: acreditación correspondente.
7. Certificado de empadroamento no
concello dalgún dos proxenitores ou d@ nen@ (os non empadroados
matriculados no CEIP Ben-cho-shey poderán facer uso das prazas que, no seu
caso, quedaran vacantes).
8. Fotografía de
carné d@ menor (nen@s de 4º de infantil).
Tfno. de
información 988 25 93 85
No Pereiro de
Aguiar, 28 xullo de 2016
O alcalde
Eliseo
Fernández Gómez
Para descargar a solicitude pinchade aquí
Un saudo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario