Boas familias!
Unha semana máis deixámosvos imaxes para achegarvos o día a día dos vosos peques.
Estes días tivemos unha tregua no tempo atmosférico e puidemos disfrutar dunhas estupendas tardes soleadas. E non desaproveitamos este feito, pois saímos polos arredores do cole a pasalo ben nestes días casi primaverais.
E como se estaba tan agustiño, sacamos as merendas e alimentámonos rodeados de natureza.
Así mesmo, pasárono xenial no patio do cole, pois fixemos moitos xogos.
Os nenos e nenas incluso se atreveron a facer experimentos científicos. Tocou sesión para aprender cousiñas sobre a DENSIDADE dos líquidos. Parece que todo saíu todo estupendamente e non houbo que lamentar ningún accidente no noso laboratorio 😉.
E cultivaron o intelecto mirando contos.
Os maiores non desaproveitaron a ocasión e pasárono xenial xogando ó atrapa-pelotas.
E como non podía ser doutra forma, tamén fixemos obradoiros:
- Crearon unhas MEDUSAS chulísimas:
Menos mal que non picaban!
- E tamén crearon un BONECO moi simpático que sabía por e quitar o SOMBREIRO :
Esta semana foi moi especial para a Aula, pois fixémoslle unha homenaxe a Ainoa, a alumna do curso de Monitores de Ocio e Tempo Libre que fixo as prácticas na aula esta tempada. Os nenos quixeron despedirse dela ao grande, pois esforzouse moito e fixo un traballo impresionante con eles.
Tanto as monis como os pequechos estamos encantados de que pasase pola Aula coa súa enerxía e o seu bo facer.
AINOA, DESEXÁMOS QUE CHE VAIA ESTUPENDAMENTE!!!! 💕
Agardamos que disfrutásedes vendo ós nenos e nenas da aula no seu quefacer diario e para a semana ensinarémosvos máis cousiñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario