viernes, 12 de marzo de 2021

SEMANA DO 8 Ó 14 DE MARZO


 Ola de novo unha semana máis!!!!

Estes días os peques estiveron a traballar arreo porque a segunda avaliación está a piques de rematar. 

Pero tamén tiveron tempo de entreterse na Aula. Aquí vos unha boa mostra delo.

Comezamos a semana reivindicando os dereitos das mulleres no 8M, e mostra delo foron estas tarxetas que crearon os rapaces.


Seguimos  con moita enerxía, amosando as destrezas para superar os retos propostos nestas Olimpiadas tan especiais. Como sigan así, xa os vemos en Tokio competindo.   


                       


   




As mañás tamén son estupendas para facer talleres. 

Aquí tedes a estes peques expresando toda a súa creatividade a través de figuras de cores...


 Do "Señor Manolo", un equilibrista de primeira. 


     
As tardes tamén deron para xogar ao "¿Quén son?" antes de comezar coas tarefas escolares.

         







E as pedras que os máis peques atoparon nos seus minipaseos arredor do cole, decoráronas con pintura e quedáronlle chulísimas 😍

E como o taller de creación de pulseiras e chaveiros con lá tivo moito éxito, esta semana seguimos con él. 

Os máis pequechos  tiveron unha tarde de safari co rescate duns animaliños perdidos. Elaboraron uns prismáticos para poder explorar como auténticos profesionais...


  

E atoparon todiños 👀 



                                 


Ata unha serpe velenosa. Como se pode  observar na imaxe, o método de captura empregado foi todo un éxito e todos os animais foron devoltos sans e salvos á reserva da que escaparon.





E seguindo con temática sobre natureza, tamén se aventuraron a crear unhas bolboretas moi bonitiñas.


  


E para rematar a semana, nada como unha boa carreira de peixes de cores. 🐠🐡🐟



 


E así remata esta trepidante semana. Agardamos que pronto poidamos contarvos novas aventuras.
BOA FINDE!!!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario