Esta semana é algo máis curta pero aínda así fixemos moitas cousiñas, queredes velas??
Gústanos saír a pasear polos arredores do cole para disfrutar deste entorno privilexiado que temos, pero parece ser que hai xente que non lle gusta ter as cousas limpas, e adícase a tirar lixo....
A nós, encántanos ver árbores, prantas, animaliños, etc.... así que decidimos quitar todo o que "sobra", e fumos limpar....somos a ECO-PATRULLA¡¡
Tamén aproveitamos para xogar as SARDIÑAS EN LATA
e a o ESCONDE BOLAS
Os máis pequen@s foron de exploradores a buscar PEGADAS DE DINOS....atoparíanos???(CONTINUARÁ....)
Como da gusto aproveitar ao solciño destes días, estiveron xogando un anaquiño cos ZANCOS no patio do cole. Están feit@s uns equililbristas¡¡
Pero cando fai frío e non podemos ir á Chaira, tamén xogamos na Aula, no Salón de ACtos ou no Pavillón.
Por exemnplo....Ó PARCHÍS
Ao PARTY JUNIOR
e o VERMIÑO MARTIÑO¡
E fixemos a SERPE COMEMáNS, que non da medo ningún, a qué non??
@s máis maiores tiveron unha xornada moi productiva, na que xogaron e aprenderon facendo unha morea de experimentos. Imos velos..
PEDRAS DE SAL
Por último, pero non por eso menos importante (o que pasa é que ten un nome un pouco complicado 😅) estiveron argallando con un montón de ingredientes para facer un FLUÍDO NON NEWTONIANO
Bueno amiguiñ@s, pois ata aquí esta semana, que aínda que máis curta, deunos tempo a facer un montón de actividades.
Pasade unha boa ponte e aproveitade para xogar e descansar moito (para estudiar un pouquiño tamén eh¡¡¡).
No hay comentarios:
Publicar un comentario