viernes, 28 de mayo de 2021

Semana do 24 ao 28 de maio

Boas tardes cibernautas piratiñas, que tal levades a semana????? Nós con moitas ganas de ensinarvos todo o que fixeron estes grumetes tan intrépidos e intrépidas. 
Son uns expertos en gymkanas, e fixérono xenial en todo: avidiñas, transportar pelotas cun churro de piscina, encestar bolas, atopar chinchetas cos ollos tapados.... 







Como fixo tanta calor e temos moitas ganas de salvar animais, leváronlle un pouco de auga a estes cágados para intentar salvarlle a vida, algún transformouse xa en mini ra. 



Esta semana pasárono moi ben xogando a montes e moreas de xogos. Imos amosarvos todo o que fixeron:

xogaron cos avións e coches,
 


son moi bos xogando á memoria,  uns linces, 



xa teñen o título de chefs, merécense unha estrela michelín,



 encántalles o carcassonne


e xogar á pitiña cega e o pano.





Teñen moita puntería para xogar a Ponlle a cola ó burro,


e o tangram,


fixeron moitas formas con plastilina,


e construíron torres co jenga, e hai que ser moi precisos para que non che derriben a torre. Xa lles gustaría os reis da idade media ter a estes guerreiros para as súas conquistas.


Subiron, baixaron, reptaron, saltaron.... como se moveron estes piratiñas para facer o circuito no pavillón. 

Moveron moito o esquelete co just dance, poden ir a calquera concurso da tele que seguriño que gañan.



 Se hai algo que lles encanta é debuxar na pizarra con tizas, así que sempre que poden fan coma Picaso e fan os seus propios cadros.

 As veces apetécenos ser outra persoa e que non nos recoñezan, así que decidiron transformarse nuns monstruiños que en vez de dar medo dan ganas de darlles un achuchonciño (que xa sabemos que non se pode facer, ohhhhh). 



Lemos o conto "A noite das mudanzas", na que os animais dunha granxa andan de paseo e mudan de cuarto. Conseguirán atopalos??




E regaron os seus pelochos para que lle medre moito o pelo, mirade canto teñen algúns xa..


Isto é todo amigos, así que para a semana máis e mellor.
Pasade moi boa fin de semana, e disfrutade do sol que vai quentar mooooito.

                             


No hay comentarios:

Publicar un comentario