viernes, 7 de mayo de 2021

SEMANA 3 ao 7 de MAIO

 

Benvidos unha semana máis ao blog da Aula¡¡¡¡


Comezamos un mes novo e queda moi pouquiño para rematar o cole, pero mentres non poñemos o bañador e as chanclas, seguimos facendo moitas cousas divertidas.


@s máis peques estiveron adestrando cas PELOTIÑAS DE CORES: tiros libres, transportándoas sen mans, só con unha e a axuda dun compi e remataron cunha "batalla", pero a munición non mancaba nada e só provocaba risas e ledicia.




E despois de tanto adestar, hai que mover algo máis o corpiño e botar unha supercarreira, mirade:

Outra das superactividades nas que andamos a tope, é no obradoiro de xoierías.....Máis concretamente facendo colares marabillosos con estreliñas de pasta, ides alucinar co resultado.







Tamén fixemos uns floreros preciosos reutilizando uns tarriños de vidro, a primavera trompeteira chama á porta con forza e con moitas flores e nós, o que queremos, é encher a casa e a aula, de flores e cor.


 

Outra cousiña que fixeron estes piratiñas foi experimentar con vermiños de mentiriña.

As veces, estes piratas veñen tan emocionados da escola de piratas que nos ensinan o que fixeron, van pa' enxeñeiro.....


Polas mañás, entre desperezarnos e que estivemos máis ben tranquiliños fixemos actividades máis relaxadas pero moi chulas tamén...

💗Pintamos e coloreamos os escudos dos noso equipos favoritos:


💗Xogamos:

💗Facemos campos de futbolín-canicas:
  

💗Experimentamos:





💗Papaventos no aire:




E para rematar a semana, fumos de ruta a ver si atopabamos a guarida do dragón. Sí, sí, limos o CONTO DO DRAGÓN ZOG.


Bueno, amiguiñ@s, pois ata aquí o blog desta semana.

Unha aperta moi grande e pasade unha estupenda fin de semana¡¡¡¡


                                         Bicooooooosssssssssssss

No hay comentarios:

Publicar un comentario