PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O ACCESO “CAMPAMENTO VERÁN” DA AULA CONCILIA 2021
Lugar de entrega das solicitudes: Rexistro Oficinas Municipais ou Sede Electrónica.
Prazo de entrega: do 19 de maio ao 9 de xuño.
Publicación das listas provisonais de admitidos: 16 de xuño, no blog da aula.
Prazo subsanación de erros: ata o 18 de xuño,
Publicación das lista definitivas: 21 de xuño.
Requisitos imprescindibles:
· Idades: de 3 a 12 anos.
· Que os proxenitores se atopen en situación de incompatibiliadade horaria para o coidado dos seus fillos/as.
· Que o/a proxenitor/a solicitante e o/a neno/a estean empadroados/as no Concello do Pereiro de Aguiar.
DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR
Solicitude cumprimentada e asinada (poderán descargala da páxina web do concello www.concellopereiro.com ou neste enlace
Copia do DNI do/a solicitante
Copia da tarxeta sanitaria do neno/a.
Certificado/s de empresa, no/s que figure o horario laboral dos dous proxenitores e no que conste expresamente a imposibilidade de acollerse ao teletraballo.
Declaración IRPF do ano 2019, ou certificado de non tela presentada (negativo de facenda).
Vida laboral (ou outra documentación acreditativa da situación en activo, ou similar ) de ambos proxenitores.
Os Autónomos: Recibo do último mes de pagamento da cota da Seguridade Social na que figure como autónomo.
Declaración responsable con respecto ao Covid-19.
No caso de familias monoparentais: acreditación correspondente.
O número de prazas ofertadas é de 75, condicionadas ás normas establecidas por parte da Administración en función da situación epidemiolóxica.
As prazas para a participación no Programa serán outorgadas tendo en conta a situación socioeconómica de cada familia (IRPF 2019, ata 6,5 veces o IPREM).
Tfno. de información 988 25 93 85
No Pereiro de Aguiar, 19 de Maio de 2021
O alcalde
Luis Menor Pérez
No hay comentarios:
Publicar un comentario