BOS E PRIMAVERAIS DÍAS PIRATAS!!!!!
Esta semana foi bonita e intesa, xa cheira a fin de curso, vacacións, praia, solciño, bo tempo e moitas cousiñas chulas máis. Pero antes de que remate a escola e a aula pirata se convirta en "Aula verán para piratas en acción". Aqui vós deixamos cousiñas que fumos facendo.
🐔Comezamos coa oca oca....O xogo de toda a vida reversionado polos piratiñas....Estamos traballando arreo para que quede listo para o verán, temos ganiñas tolas de estrealo.
🌿Seguimos con paseos polo monte para coller pauciños, o monte encántanos, hai tanto por ver e facer...
🏊 E con estes días taaaaaaaan soleados (aínda que as veces trone e diluvie), nada mellor cuns xogiños de auga para refrescar o ambiente.
☄ E como a auga chama a auga....Esta semana aprendimos a facer pompas xigantes, para iso armamos os nosos propios pompeiros xigantes, fixemos unha mestura máxica e alehop......


📒 No medio de tanta actividade, tamén tivemos tempo de ler un conto contiño moooooi bonito e cheo de sorpresas, animais de granxa que non durmian onde debían durmir. Títulase " a NOITE DAS MUDANZAS", É CHULÍSIMO!!!!Se queredes botárlle un ollo, aqui tendes o enlace ao libro. E podedes collelo na biblio do noso Concello.
e para mover o esquelete nada mellor que unha boa clase de roda cubana... roda o 1, roda o 2, agachamos e.... cambio de parella.
No hay comentarios:
Publicar un comentario