Pedide sempre axuda para cociñar, que aínda que algunhas receitas son sinxelas, sempre debe haber un adulto supervisando.
Sándwich ó forno
Ingredientes:
👉 8 rebandas de pan de molde
👉 2 ovos
👉 Media taza de leite
👉 8 rebandas de queixo
👉 8 rebandas de xamón cocido
👉 Papel de forno
👉 1 bandexa de forno
Esta receita é moi sinxela e moi rica. O primeiro que temos que facer é bater os ovos.
Como podedes ver os nosos saíuselles moito o queixo. Esperamos que teñades sorte e non vos toque unhas rebandas cheas de buratos cando abrades o paquete de pan (as nosas sí que tiñan moitos, e así é máis difícil incluso rebozar co ovo).
E agora imos có postre:
Mousse de chocolate
🌺 200 gr de chocolate negro para fundir
🌺 6 ovos
🌺 200 gr azucre
🌺 120 gr de manteiga
Esta receta é un pouco máis elaborada que a outra, pero con axuda dun adulto podedes facela moi ben. En primeiro lugar, o máis complicado é separar as claras das xemas dos ovos. Os que non sabedes, pedide axuda.
Batemos as claras a punto de neve, é dicir, coa batidora temos que transformar as claras transparentes en brancas e que deixen de estar líquidas. O truco para saber se están ben montadas é que lle deamos a volta ó bol onde as batemos e que non caian (como na foto). OLLO: coidado con facer isto, que se non están ben batidas acabarán todas no chan 😲🙈🙈
Despois botamos nun bol apto para microondas o chocolate coa manteiga, e dámoslle 30 segundos, sacamos do micro, remexemos e volvemos metelo dentro outros 30 segundos. Ide pouco a pouco co tempo no microondas porque se o metedes 1 minuto seguido pode queimar o chocolate.
Agora batemos as xemas co azucre moi ben noutro bol, e unha vez batidas botamos o chocolate derretido encima.
Temos que engadir as claras a punto de neve á nosa masa. A partir de aquí hai que mesturar todo cunha culler de madeira, con movementos envolventes, non podemos usar a batidora eléctrica porque a mousse quedaría mal.
Botamos a mestura nunhas copas, vasos, bols, ou o que queirades, e metémolos na neveira como mínimo 2 horas.
Unha vez frío, podedes engadirlle algunha cousiña para adornar, como chocolate raiado, estreliñas de cores, froita ou o que máis vos guste.
Por último queda o máis importante : A COMELOOOOO
😋😋
No hay comentarios:
Publicar un comentario