domingo, 7 de junio de 2020

Os piratas tamén quedamos na casa. Día 55



Bo día rapaces e rapazas¡¡¡¡

Hoxe luns traemos unha manualidade á que lle podedes sacar moito proveito, botándolle un pouco de imaxinación....

Imos facer unha catapulta con pauciños de xeados.

Necesitamos: 



- 9 pauciños de xeados ou depresores 
- unha culler
- gomiñas elásticas, se son de cores, quedará máis divertido


Para facer esta manualidade sería bo usar os pauciños máis grandes, se son de cores mellor pero se son os de madeira sen pintar, podedes tunealos vós como queirades.


Para facer a base da catapulta necesitamos 7 pauciños de xeado.
Unirémolos usando as gomiñas elásticas, se son de distintas cores, mellor. Colocámoslle unha gomiña en cada extremo.




Agora collemos os outros 2 pauciños, poden ser distintas cores. Unímolos con outra goma por un dos extremos. 



Abrímolos e colocamos a primeira peza que preparamos como formando unha cruz. E con 2 gomas, unímolas polos seus puntos de contacto.


Agora só temos que engadir a culler. Fixámola ao extremo do pauciño superior con máis gomas elásticas e xa está lista a nosa catapulta para xogar¡¡¡




E a que podemos xogar?? pois por exemplo a meter boliñas en vasos....ou facer unha diana con platiños ou cartóns, poñerlle número e ter boa puntería....



Bueno amiguiñ@s, pois ata aquí a idea de hoxe. Esperamos que vos gustara e vémonos mañá¡¡


💋

No hay comentarios:

Publicar un comentario