jueves, 16 de marzo de 2017

Madrugóns na Aula Pirata!

Chsst chssst!!  si si é a vos mamás e papás, asomádevos un segundiño, que vos imos contar como o pasamos e cantas cousas facemos e aprendemos na Aula pirata.....

Puxémonos mans a obra e fixemos unha manualidade ben orixinal e divertida.
Cun plato de cartón,  cartolinas de cores, rotuladores e un chisco de imaxinación, compuxemos unha vaca moi bonitiña, cen por cento galega







Pero como todo non vai ser traballar, sentados, caladiños e coas orellas ben abertas, escoitamos uns contiños: como o de carapuchiña, pero... non non, non pensedes a nosa Carapuciña e outra historia. Se pensabades que coñecíades o verdadeiro conto, este vaivos a sorprender moito máis. Animádevos e leedeo, aqui vos deixamos un enlace: As manoplas de carapuchiña



Pero para conto divertido o que inventamos entre todos, para este conto puxemos a traballar a imaxinación, nós fomos os protagonistas: Indios, vaqueiros, policías, soldados, un cociñeiro e varios paiasos,  unha princesa moi pizpireta e un ladrón moi avispado





E entre conto e conto, collimos as nosas ferramentas; pegamento, papel, tesoiras, e aprendemos a reciclar unhas perchas de cartón  das que colgar as nosas cousas: bolsos, chaquetas, bufandas ou o que vos desexedes







E para rematar a semana viaxamos a "Jurassic Park", habitada por catro dinosaurios moi curiosos, que xogaban a seguir rastros, pero... coidado, o Gigantosaurio pode aparecer en calquera momento e que pasará??.... se o queredes saber deixámosvos aquí un enlace o conto












viernes, 10 de marzo de 2017

Días de entroido

Ainda que xa pasaron uns días, ahí van as fotos do entroido

E por fin chegou Don Entroido cos seus disfraces, coa súa música, con moitos xogos e coas filloas !!
como todos sabedes un dos pratos típicos destas datas, medimos, mesturamos, e a cociñaaaaarrrr!!
Qué filloas tan saborosas nos sairon, os nosos piratiñas son uns chefs cinco estrelas Michelín
















Pero non pensedes que foi todo cociñar,  bailar e cantaruxar, tamén lle fixemos un oco aos xogos,nos que quedaron demostrados que os nosos piratiñas son moi habilidosos











viernes, 3 de marzo de 2017

Cousiñas das tardes

Estas semanas pasadas fixemos unha chea de cousas polas tardes pero como se achegaba o entroido esquecemos de ensinárvolas. Non vos preocupes, ahí van:
Lemos o conto "A Canción do sol" e descubrimos que o sol sae aínda que todos estemos durmidos, pero o noso amigo Perico (que é un galo moi marchoso) sempre canta para animar na granxa e que o sol saia máis depresa. 







Gústanos moito facer cousiñas coas mans, así que amasamos, e amasamos e saíronnos uns Peace and love moi requetechulos.


Este ano están de moda as canicas e fainos moita ilusión pois é un xogo de sempre que ata xogaron os papás e as mamás dos nosos/as piratiñas. Por fin deixaron un pouco de lado os cromos de fútbol e pasaron á acción. 




O noso sol tamén lle gusta disfrazarse no entroido, así que lemos o conto "Los disfraces del sol". Cada un leu un cachiño de conto pois somos uns expertos lendo.





E como se achegaba o entroido, fixemos un paiasiño e un arlequín para darlle algo de ledicia e festa á aula. Gústavos?