Chsst chssst!! si si é a vos mamás e papás, asomádevos un segundiño, que vos imos contar como o pasamos e cantas cousas facemos e aprendemos na Aula pirata.....
Puxémonos mans a obra e fixemos unha manualidade ben orixinal e divertida.
Cun plato de cartón, cartolinas de cores, rotuladores e un chisco de imaxinación, compuxemos unha vaca moi bonitiña, cen por cento galega
Pero como todo non vai ser traballar, sentados, caladiños e coas orellas ben abertas, escoitamos uns contiños: como o de carapuchiña, pero... non non, non pensedes a nosa Carapuciña e outra historia. Se pensabades que coñecíades o verdadeiro conto, este vaivos a sorprender moito máis. Animádevos e leedeo, aqui vos deixamos un enlace: As manoplas de carapuchiña
Pero para conto divertido o que inventamos entre todos, para este conto puxemos a traballar a imaxinación, nós fomos os protagonistas: Indios, vaqueiros, policías, soldados, un cociñeiro e varios paiasos, unha princesa moi pizpireta e un ladrón moi avispado
E entre conto e conto, collimos as nosas ferramentas; pegamento, papel, tesoiras, e aprendemos a reciclar unhas perchas de cartón das que colgar as nosas cousas: bolsos, chaquetas, bufandas ou o que vos desexedes
E para rematar a semana viaxamos a "Jurassic Park", habitada por catro dinosaurios moi curiosos, que xogaban a seguir rastros, pero... coidado, o Gigantosaurio pode aparecer en calquera momento e que pasará??.... se o queredes saber deixámosvos aquí un enlace o conto
No hay comentarios:
Publicar un comentario