viernes, 3 de marzo de 2017

Cousiñas das tardes

Estas semanas pasadas fixemos unha chea de cousas polas tardes pero como se achegaba o entroido esquecemos de ensinárvolas. Non vos preocupes, ahí van:
Lemos o conto "A Canción do sol" e descubrimos que o sol sae aínda que todos estemos durmidos, pero o noso amigo Perico (que é un galo moi marchoso) sempre canta para animar na granxa e que o sol saia máis depresa. 







Gústanos moito facer cousiñas coas mans, así que amasamos, e amasamos e saíronnos uns Peace and love moi requetechulos.


Este ano están de moda as canicas e fainos moita ilusión pois é un xogo de sempre que ata xogaron os papás e as mamás dos nosos/as piratiñas. Por fin deixaron un pouco de lado os cromos de fútbol e pasaron á acción. 




O noso sol tamén lle gusta disfrazarse no entroido, así que lemos o conto "Los disfraces del sol". Cada un leu un cachiño de conto pois somos uns expertos lendo.





E como se achegaba o entroido, fixemos un paiasiño e un arlequín para darlle algo de ledicia e festa á aula. Gústavos?






No hay comentarios:

Publicar un comentario